XA TEMOS OS PRIMEIROS CAMPIÓNS DE LIGA!

Esta fin de semana coñecemos xa a tres campións ligueiros! Na Segunda División Cadete Feminina acadou o título o UB Lavadores, mentres que na Segunda Infantil Feminina venceu As Choqueiras de Redondela. Ademais, en Primeira Autonómica Feminina o Balonmán Saeplast Cañiza logrou o título antes do remate da competición. Noraboa para todas!

Primeira Autonómica Feminina

Espectacular a traxectoria do BM Cañiza, que logrou o título ao remate da xornada 17, con pleno de vitorias e a falta de catro partidos. O Cañiza venceu con rotundidade ao Conservas Boya Encaixe Camariñas e iso unido a derrota do Balonmán Tui en Caselas, deulle o título ás rapazas dirixidas por Iago Rivas. Noraboa rapazas!

Segunda División Cadete Feminina

Esta fin de semana celebrouse, a dobre partido, a gran final desta categoría para decidir o campión liguero. Chegaron a este duelo, O UB Lavadores e o AD Carballal, como respectivos gañadores das súas fases regulares. No partido de ida, disputado o sábado no Pavillón de Lavadores, venceu o conxunto local por catro tantos (23-19) e o día seguinte xogouse o segundo e definitivo partido no Pavillón do Loureiro. O partido estivo igualado ata os últimos minutos nos que o Carballal logrou abrir distancias no marcador e incluso chegou a ir catro tantos arriba. Ao final, o Carballal gañou por tres (24-21) e o título foi para Lavadores. Noraboa!!

Segunda División Infantil Feminina

No Gatañal xogouse a gran final desta categoría con Sar Ledisson B, Óptica Studio BM Cangas e Choqueiras de Redondela. No primeiro partido gañou o Bm Cangas á SAR por 23-27. O segundo partido enfrontou ás Choqueiras contra o equipo derrotado na primeira eliminatoria (SAR) e triunfo das redondelanas por 16-29. Así que todo ía decidirse no terceiro e último partido, no que volveron vencer as Choqueiras (15-19). Campioas, as Choqueiras1

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *