XOAN LEDO E VÍCTOR RODRÍGUEZ, NA CONVOCATORIA DOS HISPANOS PARA O IV NACIÓNS

Os galegos Xoan Ledo (Bidasoa Irún) e Víctor Rodríguez (Recoletas Atlético Valladolid) foron convocados por Jordi Ribera para formar parte da selección española que disputará o IV Nacións en Arxentina do 23 ao 25 de outubro.

Nesta convocatoria hai unha mezcolanza de xogadores habituais e máis veteranos con outros novos, que Ribera quere ir incorporando pouco a pouco.

No primeiro compromiso España xogará contra Polonia o mércores 23 de outubro (20:00 h.) Ao día seguinte enfrontaranse a Rusia (20:00 h.) e o día 25 medirán forzas coa anfitrioa Arxentina (18:00 h.).

Noraboa para Xoan e Víctor pola chamada da selección!

252 Comments to “ XOAN LEDO E VÍCTOR RODRÍGUEZ, NA CONVOCATORIA DOS HISPANOS PARA O IV NACIÓNS”

Debes ser identificado introducir un comentario.