Os play-off dan paso ás competicións polo Campionato Galego e o conseguinte acceso aos sectores nacionais.
As categorías xuvenil, cadete e infantil feminina e masculina dan o pistoletazo de saída á loita por ser o mellor equipo da nosa comunidade. En total serán 78 equipos os que comezarán esta fin de semana a Liga 2019/20.
Tras a disputa dos play-off de ascenso, quedou decidida a composición das Divisións de Honra galegas. Así, a semana pasada, na sede da Federación Galega, realizáronse os sorteos para formar os grupos nas diferentes categorías e proceder á confección dos calendarios.
E así plantámonos esta fin de semana na primeira xornada da competición ligueira, que vai ser seguida con moitísima expectación por parte de toda a comunidade do balonmán galego.
En cadete e infantil a Liga está formada por doce equipos, tanto na categoría masculina coma feminina, e rematarán a competición a mediados de marzo. En xuvenil masculina tamén contaremos cunha liga regular de 12 equipos, mentres que na xuvenil feminina haberá dous grupos de 9 equipos cada un deles.
Para todos e todas, os mellores desexos neste inicio de Liga no que esperamos gozar do balonmán e da deportividade tanto na pista como na grada. Moita sorte!
Debes ser identificado introducir un comentario.