A FINAL 4 ALEVÍN 5 E BENXAMÍN PUXO O COLOFÓN Á TEMPADA DE PISTA 2023-2024

O Lalín Arena, ateigado de familias, acolleu unha competición na que reinou a ilusión e bó ambiente.

A Federación Galega de Balonmán puxo fin á competición de pista coa celebración da Final 4 Alevín e Benxamín 5.

Unha mañá chea de bó ambiente, de ilusión e de grandes talentos foi o que se viviu no día de hoxe na capital do Deza. A xornada comezou coas semifinais de categoría benxamín e alevín, onde varios dos encontros se tiveron que decidir na prórroga.

O prato forte viría a partir das 12:00 horas, coa desputa das finais e do 3º e 4º posto. O resultado dos encontros deixounos a seguinte clasificación:

FINAL 4 BENXAMÍN PRATA:

  • 1º Clasificado: Maco Electricidade Bueu Atl. Bm «A»
  • 2º Clasificado: Ribadosar
  • 3º Clasificado: Carnes do Ribeiro Ourense Provincia Termal
  • 4º Clasificado: Cisne Bm. José Covelo

FINAL 4 BENXAMÍN OURO:

  • 1º Clasificado: Asesoría Cervantes Xiria
  • 2º Clasificado: Club Bm. Atlántico
  • 3º Clasificado: Balonmán Porriño «A»
  • 4º Clasificado: Luceros «A»

FINAL 4 ALEVÍN PRATA:

  • 1º Clasificado: Saint Gobain Loriga
  • 2º Clasificado: Escolas Selecpan Bm. Pabellón
  • 3º Clasificado: Bm. Culleredo Galkimia
  • 4º Clasificado: Restaurante Abuín Arteixo

FINAL 4 ALEVÍN OURO:

  • 1º Clasificado: Construcciones OLS Rasoeiro Bm.
  • 2º Clasificado: Asmubal Meaño «B»
  • 3º Clasificado: Ribadosar
  • 4º Clasificado: Club Balonmán Miño

Esta final 4 supuxo a fin da tempada de balonmán pista 2023-2024; dende a Federación Galega de Balonmán queremos aproveitar para dar a noraboa a todos e todas as participantes e agradecer a todas esas persoas e institucións que fixeron posible que o Balonmán Galego siga a medrar.