MAÑÁ MÉRCORES, PRESENTACIÓN AOS CLUBS DA PLATAFORMA DE XESTIÓN CLUBER

A implantación da plataforma de xestión deportiva Cluber no balonmán galego xa é unha realidade! Mañá mércores 3 de xuño (19:00 horas) celebrarase a presentación aos clubs galegos desta ferramenta de traballo, que lles proporcionará a Federación Galega de Balonmán de forma gratuita.

Esta reunión celebrarase a través da aula virtual da Federación Galega de Balonmán e na mesma un representante da empresa Cluber explicará aos dirixentes dos clubs galegos como sacarlle o máximo partido a esta plataforma que lles axudará a axilizar todo tipo de xestións de forma telemática, aumentar os ingresos, optimizar recursos e reducir riscos.

A Federación Galega de Balonmán porase en contacto con todos os clubs a través do correo electrónico para facilitarlles o número da sala onde terá lugar a charla, así como a contrasinal de acceso á mesma.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *