O BALONMÁN TUI ORGANIZARÁ A FINAL 4 XUVENIL MASCULINA E FEMININA 2026

Balonmán Tui será o encargado de organizar a Final 4 Xuvenil Masculina e Feminina da tempada 2025/2026, que se celebrará os días 28 e 29 de marzo de 2026.

Tras analizar as solicitudes presentadas polos diferentes clubs interesados na organización desta fase final, e unha vez aplicado o sistema de valoración establecido nas bases da Federación Galega de Balonmán, a candidatura presentada polo club tudense foi a seleccionada para acoller a primeira das citas máis destacadas do calendario.

Deste xeito, a localidade de Tui converterase durante esa fin de semana no epicentro do balonmán galego xuvenil, reunindo aos mellores equipos masculinos e femininos da categoría que loitarán por unha praza no sector, nun formato de competición intenso e atractivo; con permiso, por suposto, dos equipos campións galegos Buenas Migas Luceros (xuvenil masculino) e Calfrima Carballal (xuvenil feminino), que xunto con Embutidos Lalinense (subcampión galego na xuvenil masculina), que xa contan coa súa praza para o sector nacional.

A celebración desta Final 4 supón unha nova oportunidade para seguir impulsando o balonmán base e para que xogadores e xogadoras da categoría xuvenil poidan vivir unha experiencia competitiva de alto nivel nun ambiente que se espera que reúna a numeroso público nas bancadas.

Desde a Federación Galega de Balonmán agradécese o interese e a implicación de todos os clubs que presentaron a súa candidatura para organizar esta fase final, así como o compromiso do Balonmán Tui para acoller, unha vez máis, un evento que, sen dúbida, converterá a vila nun punto de encontro do balonmán galego durante esa fin de semana.

Nas vindeiras semanas daranse a coñecer máis detalles organizativos relativos á celebración desta Final 4.