A FEDERACIÓN GALEGA DE BALONMÁN HABILITA A CONSULTA DO CENSO INICIAL DE DEPORTISTAS, CLUBS, COLECTIVO ARBITRAL E TÉCNICOS/AS

A Federación Galega de Balonmán habilitou no dia de onte a consulta do censo electoral inicial a través da súa páxina web de cara ao proceso electoral que terá lugar no presente ano.

Vigo, 11 de febreiro de 2026.

A Federación Galega de Balonmán, en cumprimento do establecido no Decreto 16/2018, do 15 de febreiro, polo que se regulan as bases e os criterios dos procesos electorais nas federacións deportivas galegas , e como paso previo á convocatoria oficial de eleccións, habilitou na súa páxina web oficial www.fgbalonman.es un espazo específico dentro do apartado “Eleccións 2026” para a consulta do censo electoral inicial.

Este censo inicial permitirá a todos os estamentos que integran a Federación comprobar se figuran correctamente inscritos e se os seus datos son exactos, co obxectivo de participar no proceso electoral. Oa insteresados/as poderán solicitar as aclaracións, rectificacións ou reclamacións que consideren oportunas remitindoas antes do 22 de febreiro (data límite) ao correo electrónico:

📩 administracion@fgbalonman.com

Prazo de consulta e reclamacións

A consulta do censo electoral inicial estará activa ata o día 21 de febreiro de 2026, inclusive.

Unha vez finalizado este prazo, e tras a análise das reclamacións presentadas, elaborarase o censo correspondente conforme ao procedemento regulamentario, publicándose posteriormente o censo provisional, e posteriormente o definitivo, que conterá datos máis reducidos, en cumprimento da normativa de protección de datos e da regulación específica do proceso electoral.

Garantía de uso exclusivo dos datos

A Federación Galega de Balonmán lembra que o tratamento e a publicación dos datos contidos no censo teñen como finalidade exclusiva garantir o exercicio do dereito de sufraxio e a transparencia do proceso electoral, non podendo utilizarse para ningunha finalidade distinta da estritamente electoral, tal e como determina a normativa vixente .

Requisitos para figurar no censo electoral

De acordo co Decreto 16/2018 , poderán formar parte do censo electoral aquelas persoas ou entidades que cumpran os seguintes requisitos segundo o seu estamento:

1. Estamento de Deportistas

Deberán:

  • Ser maiores de idade na data das votacións.
  • Ter licenza federativa en vigor na data de convocatoria das eleccións e durante as dúas tempadas anteriores.
  • Ter participado en competicións oficiais nas dúas tempadas anteriores (agás nas modalidades sen carácter competitivo, nas que será suficiente con ter licenza en vigor desde xaneiro do ano anterior).
  • Non estar inhabilitados/as para ocupar cargos deportivos por resolución firme administrativa ou xudicial.

2. Estamento de Técnicos/as – Adestradores/as

Deberán:

  • Ser maiores de idade na data das votacións.
  • Ter licenza federativa en vigor na data de convocatoria e durante as dúas tempadas anteriores.
  • Ter participado en competicións oficiais nas dúas tempadas anteriores.
  • Non estar inhabilitados/as para exercer cargos deportivos.

3. Estamento de Árbitros/as – Xuíces/Xuízas

Deberán:

  • Ser maiores de idade na data das votacións.
  • Ter licenza federativa en vigor na data de convocatoria e durante as dúas tempadas anteriores.
  • Non estar inhabilitados/as para ocupar cargos deportivos.

(Neste estamento non se esixe o requisito de participación en competición nos mesmos termos que para deportistas e técnicos/as.)

4. Estamento de Clubs (Entidades Deportivas)

As entidades deportivas deberán:

  • Estar inscritas desde o mes de xaneiro dos dous anos anteriores ao ano das eleccións tanto na federación correspondente como no Rexistro de Entidades Deportivas de Galicia.
  • Ter participado, polo menos, nunha competición oficial en cada unha das dúas tempadas anteriores.
  • Non ter a condición de entidade filial ou dependente conforme á normativa federativa.

IMPORTANTE: A representación do club corresponderá á súa presidencia ou á persoa debidamente acreditada conforme á normativa vixente. É recomendable que si se considera preciso, antes do remate da exposición do censo inicial (21 de febreiro de 2026), o club solicite o cambio de responsable, xa que tan só poderá votar en representación do club a persoa que figure coma responsable no censo.

A Federación Galega de Balonmán anima a todos os estamentos a revisar detidamente a súa inclusión no censo e a exercer o seu dereito dentro do prazo establecido, reforzando así a transparencia e a participación democrática no proceso electoral.

Link para a consulta do censo: https://balonmano.isquad.es//censo.php?f=Ng%3D%3D

Para máis información:
🌐 www.fgbalonman.es
📧 administracion@fgbalonman.com