A SELECCIÓN GALEGA ABSOLUTA FEMININA DISPUTARÁ O IV NACIÓNS EN BANYOLES

A selección galega absoluta feminina disputará esta fin de semana (4 e 5 de xuño) en Banyoles (Girona), o torneo IV Nacións, fronte as seleccións de Cataluña, Euskadi e Comunidade Valenciana.

Galicia terá un complicado rival nas semifinais, xa que se enfrontará a Catalunya mañá sábado 4 de xuño (16:45 horas), mentres que Euskadi e Comunidade Valenciana disputarán a segunda semifinal a partir das 19:00 horas. Para o domingo quedará a loita pola terceira posición (10:00 horas) e a final (12:00 h).

O seleccionador galego Anxo Otero «Panchi» fixo unha convocatoria moi renovada, con moita xente nova (só hai tres xogadoras por riba dos 25 anos). Hai bastantes baixas por lesións, enfermidades, estudos ou traballo, polo que Galicia será un equipo moi novo formado por xogadoras de gran potencial, que se enfrontará á potente Cataluña, chea de xogadoras da Liga Iberdrola.

A selección galega absoluta volve a xogar tres anos despois, xa que dende o ano 2019, que se celebrou en Euskadi, non puido volver a disputarse pola pandemia da Covid-19.

A continuación, tedes a convocatoria da selección galega.

2 Comments to “ A SELECCIÓN GALEGA ABSOLUTA FEMININA DISPUTARÁ O IV NACIÓNS EN BANYOLES”

  1. Thank you for your sharing. I am worried that I lack creative ideas. It is your article that makes me full of hope. Thank you. But, I have a question, can you help me?

  2. I don’t think the title of your article matches the content lol. Just kidding, mainly because I had some doubts after reading the article.

Debes ser identificado introducir un comentario.