Aberto o prazo de inscrición ás probas de acceso ao ciclo inicial de grao medio de técnico deportivo en balonmán

Aberto o prazo de inscrición para as probas de acceso ao ciclo inicial de grao medio de técnico deportivo en  balonmán, que se desenvolve no IES Sánchez Cantón de Pontevedra.

A Xunta publicou no DOG que o prazo para realizar estas probas de acceso permanecerá aberto do 10 de xuño ao 10 de xullo e a inscrición pode realizarse na secretaría do centro (Avenida Raíña Víctoria Uxía s/n).

Esta titulación está reglada e recoñecida pola Administración e as persoas que o realicen disporán dun ciclo medio. O ciclo medio consta de dous niveis que se cursan de forma intensiva nun único curso académico. Así, de outubro a decembro realizarase o primeiro nivel e de xaneiro a xuño, o segundo nivel. As clases son pola mañá. Haberá  un período de prácticas de xaneiro a marzo, que consisten en adestrar.

As clases, danse en cada curso, é dicir, de outubro a decembro para primeiro e de xaneiro a xuño para segundo. O que estudamos divídese en tres bloques, o común, con módulos (materias), como primeiros auxilios, didáctica…, que se poden validar se o alumno ten feito maxisterio, TSFAAF ou INEF.

O bloque complementario  ten só un módulo e, en función do curso, pode ser deporte para discapacitados ou informática.

E un terceiro bloque, o específico, que son as materias propias do balonmán: regulamento, desenvolvemento profesional, técnico-táctica individual, táctica colectiva, metodoloxía, seguridade no balonmán, dirección de equipos, preparación física específica e organización de actividades. Estes son módulos de primeiro e segundo, non se estudan todos o mesmo curso ou nivel. As clases son presenciais. O profesor do curso será Emilio Pintos Soto, licenciado en Educación Física, Aplicación Deportiva Específica en Balonmán, e toda unha vida adicada ao balonmán (xogador, adestrador e profesor).

No enlace tedes o DOG coa convocatoria da proba de acceso e a explicación de como e onde se realizará.

Ademais, no documento adxunto tedes toda a información sobre este ciclo.

1 Comment to “ Aberto o prazo de inscrición ás probas de acceso ao ciclo inicial de grao medio de técnico deportivo en balonmán”

  1. dwqrcqolfz dice:

    Muchas gracias. ?Como puedo iniciar sesion?

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *