ALBERTO RODRÍGUEZ, NOVO RESPONSABLE NACIONAL DA ARBITRAXE EN BALONMÁN PRAIA

O galego Alberto Rodríguez foi nomeado novo responsable a nivel nacional da arbitraxe na especialidade de balonmán praia.

Alberto, árbitro da División de Honra Elite, comezou a súa relación coa praia no ano 1997, cando traballou na organización do torneo Concello de Vigo na praia do Bao xunto co seu compañeiro, Rafael García Mosquera, entre outros. Deixou de ser árbitro de balonmán praia hai tres anos, ao non poder comprometerse durante todo o verán para o circuito nacional. Así, nestes anos, centrouse no Campionato Galego de Balonmán Praia, onde colabora na organización e na xestión dos árbitros. Ademais, o pasado ano foi nomeado delegado federativo de praia a nivel nacional.

Cómo chegou Alberto á arbitraxe? Todo xurdiu na tempada 89/90 cando realizou un curso ofrecido por Jesús Pedrido e Cristina Fernández, dúas figuras da arbitraxe galega a nivel nacional. Aí comezou a súa vida no mundo da arbitraxe, a que xa lle adicou trinta anos. Este vigués arbitra na categoría nacional dende a tempada 1994/95 e en División de Honra dende o ano 98.

Noraboa Alberto!!! #SomosGalicia

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *