AS ENTRADAS PARA O ESPAÑA-AZERBAIYÁN (O PORRIÑO) SAIRÁN Á VENDA O VENRES 22 DE MARZO ÁS 12:00 HORAS

Xa hai data de saída das entradas para o partido que «Las Guerreras» disputarán no Porriño o vindeiro 7 de abril de 2024, e que dará a clasificación para o Campionato de Europa de 2024. O venres 22 de marzo, ás 12:00 horas, o órgano federativo publicará o enlace para realizar a compra dos tickets de xeito online, e ao mesmo tempo habilitará un punto de venda na sede da federación, sita en Vigo, na rúa Fotógrafo Luis Ksado, nº17, oficina 3.

As entradas, grazas á colaboración da Deputación de Pontevedra, terán prezos populares: 7€ para menores de 16 anos e 10€ para adultos. O pavillón do Porriño poderá albergar uns 2.000 espectadores.

Dende a organización están a traballar para que «Las Guerreras» poidan realizar un adestramento a portas abertas, para que os afeccionados e afeccionadas ao balonmán poidan desfrutar de preto das mellores xogadoras nacionais.

A convocatoria da Selección Española Absoluta Feminina para o compromiso que terá lugar no Porriño está composta por:

• Portería | Mercedes Castellanos (Costa del Sol Málaga), Nicole Wiggins (OGC Niza) y Darly Zoqby (SCM Craiova)

• Central | Silvia Arderius (Costa del Sol Málaga), Carmen Campos (BVB Dortmund), Alicia Fernández (CS Rapid Bucuresti)

• Lateral Derecho | María Prieto O’Mullony (Caja Rural Aula Valladolid), Mireya González (HC Dunarea Braila), Paula Arcos (Vipers Kristianstad)

• Lateral Izquierdo | Lara González (CS Rapid Bucuresti), Danila So Delgado (AtticGo Elche), Shandy Cabral (Brest Bretagne), Ester Somaza (KH-7 Granollers)

• Extremo Derecho | Maitane Etxeberria (Super Amara Bera Bera), Marta López (CS Rapid Bucuresti), Paulina P. Buforn (Conservas Orbe Rubensa Porriño)

• Extremo Izquierdo | Soledad López (Costa del Sol Málaga), Jennifer Gutiérrez (CS Rapid Bucuresti)

• Pivote | Eli Cesáreo (Costa del Sol Málaga), Kaba Gassama (SG BBM Bietigheim), Lysa Tchaptchet (Vipers Kristianstad).