VOLVE PASE E VAI!

Comeza a tempada e recuperamos unha das nosas seccións máis seguidas: Pase e Vai! Sodes vós os protagonistas, tanto para preguntar como para contestar e hoxe coñeceremos as opinións e interrogantes de Iván, Abel, Laura, Miguel Ángel e Rubén. Comezamos!
A Federación Galega de Balonmán pon en marcha un curso de streaming para o balonmán galego. A situación que estamos a vivir a raíz da pandemia provocada pola Covid-19 conlevou importantes restricións, moitas delas afectando aos aforos das instalacións deportivas. Os clubs, a propia federación e as e os deportistas deben reinventarse para seguir chegando

ESTAMOS DE VOLTA!

Oito meses despois regresas as competición autonómicas! Esta fin de semana comeza a competición para a Primeira Autonómica Masculina e Feminina e damos así o primeiro paso para o que todo o balonmán galego leva moitos meses traballando. Meses de incerteza, de dúbidas, pero tamén de ilusión, de gañas, de traballo e de confianza. De

UNS MINUTOS CON… YAIZA ALONSO

A xogadora da AD Carballal Yaiza Alonso ven de estar unha semana concentrada coa selección española xuvenil feminina. Así que, coa axuda de Carla Abad (delegada deste combinado nacional) imos coñecer un pouco a Yaiza, os seus mellores momentos ata agora no balonmán e os seus soños. Con vostedes: Yaiza Alonso e Carla Abad! #SomosGalicia
A Fundación Deporte Galego anunciou, a través do Diario Oficial de Galicia, que o prazo de presentación de solicitudes para a convocatoria de Axudas DGAN 2020 foi ampliado ata o vindeiro martes día 27 de outubro. Esta convocatoria para Deportistas Galegos de Alto Nivel  (DGAN) conta con seis tipos de axudas: Axuda DGAN 1, Axuda DGAN 2,
Foi no partido Calvo Xiria-Magope Seis do Nadal da pasada fin de semana. A parella arbitral formada por Pablo Torreiro e Marcos Pérez saltaron á pista co prototipo de máscara deportiva que acaba de presentar a Federación Galega de Balonmán e un chifre electrónico. Foi unha gran experiencia para os nosos colexiados, que nos aseguran
Despois de semanas de traballo con especialistas, para buscar a máscara técnica que mellor se adapte á práctica deportiva, a Federación Galega de Balonmán xa poder presentar a súa máscara oficial, realizada xunto á empresa galega Amura Sport. Hoxe celebrouse a presentación desta máscara de competición, coa presenza do secretario xeral para o Deporte, José
Os galegos Álvaro Preciado ( Dicsa Modular Cisne) e Brais González (Frigoríficos do Morrazo BM Cangas) foron convocados polo seleccionador Rodrigo Reñones para participar na próxima concentración dos Hispanos Júnior, que se celebrará do 1 ao 8 de novembro no CAR de Sierra Nevada. Esta será a primeira actividade da selección española Júnior en dez
Xa está aberto o prazo de inscrición para o curso do Protocolo Fisicovid-DXT Galego, que ten como obxectivo explicar este protocolo que a Federación Galega de Balonmán realizou en colaboración coa Secretaría Xeral para o Deporte para poder regresar as competicións de forma segura e responsable. O curso, que se celebrará do 16 ao 23
Foi unha das noticias da fin de semana. Non polo resultado (aínda que venceron), senón pola decisión adoptada polo BM Xiria antes de saltar a cancha: Ían xogar con máscaras. O adestrador do BM Xiria, Adrián Dubra, explicounos como e porqué o seu equipo xogou o pasado domingo en Vigo con máscaras, a pesar de