AS SELECCIÓNS GALEGAS INFANTÍS E CADETES XOGARÁN MAÑÁ OS CUARTOS DE FINAL DO CESA 2023
jueves, 05 enero 2023
Catro combinados galegos (as categorías infantil e cadete masculina e feminina) xogarán mañá os cuartos de final do CESA Costa Blanca 2023. Hoxe confirmaron o ascenso ao Campionato as seleccións cadetes (masculina e feminina) e a infantil feminina, todas elas fronte a Asturias. No aspecto negativo, confirmouse o descenso á Copa da selección xuvenil feminina,
- Publicado en Noticia principal, Noticias, Portada, Selecciones Gallegas
A SELECCIÓN GALEGA INFANTIL MASCULINA XA ACADOU A CLASIFICACIÓN PARA OS CUARTOS DE FINAL DO CESA 2023
jueves, 05 enero 2023
A selección galega infantil masculina xa garantiu na segunda xornada de competición a súa clasificación para os cuartos de final do CESA 2023. O equipo dirixido por Adrián Menduíña deu boa conta de Catalunya e sumou a segunda vitoria en dous días. Ademais, hai que destacar os triunfos dos combinados cadetes (masculino e feminino) que
- Publicado en Noticia principal, Noticias, Portada, Selecciones Gallegas
CINCO TRIUNFOS GALEGOS NA PRIMEIRA XORNADA DO CESA 2023
martes, 03 enero 2023
Cinco triunfos e unha derrota para Galicia na primeira xornada do Campionato de España de Seleccións Territoriais 2023, que se está a celebrar na provincia de Alacante. O mellor do día, sen dúbida, foi o fantástico partido realizado pola selección galega infantil masculina ante Castela a Mancha, co que confirma as boas sensacións que transmitiu
- Publicado en Noticia principal, Noticias, Portada, Selecciones Gallegas
AS SELECCIÓNS GALEGAS, CHEAS DE ILUSIÓN, COMEZAN MAÑÁ O CESA 2023
lunes, 02 enero 2023
Despois de varios meses de preparación, chegou o momento da verdade para as seleccións galegas infantil, cadete e xuvenil masculinas e femininas. Os nosos combinados comezan mañá o Campionato de España de Seleccións Territoriais 2023, que se celebrará do 3 ao 8 de xaneiro na provincia de Alacante. O CESA regresa ás súas datas habituais
- Publicado en Noticia principal, Noticias, Portada, Selecciones Gallegas
FANTÁSTICO PAPEL DAS NOSAS SELECCIÓNS NO I TORNEO INTERNACIONAL DEPUTACIÓN DA CORUÑA
domingo, 11 diciembre 2022
Hoxe rematou o I Torneo Internacional Deputación da Coruña, que se celebrou durante tres días en Santiago de Compostela coa participación das seleccións de Galicia e Asturias das categorías infantil, cadete e xuvenil (masculinas e femininas), así como os combinados de Oporto e varios clubs galegos. O obxectivo prioritario deste torneo era seguir avanzando coa
- Publicado en Noticia principal, Noticias, Portada, Selecciones Gallegas
DO 9 AO 11 DE DECEMBRO CELEBRARASE EN SANTIAGO O I TORNEO INTERNACIONAL DE BALONMÁN DEPUTACIÓN DA CORUÑA
miércoles, 07 diciembre 2022
O Concello de Santiago acollerá do 9 ao 11 de decembro o I Torneo Internacional de Balonmán Deputación da Coruña, no que participarán 20 equipos e máis de 450 deportistas das categorías infantil, cadete e xuvenil (masculina e feminina). No aspecto deportivo o principal obxectivo desta competición é servir como preparación das seleccións galegas de
- Publicado en Noticia principal, Noticias, Portada
BRUNO LÓPEZ, REELIXIDO PRESIDENTE DA FEDERACIÓN GALEGA DE BALONMÁN
viernes, 25 noviembre 2022
Bruno López Molina foi reelixido presidente da Federación Galega de Balonmán na asemblea xeral celebrada esta tarde no salón de actos da Casa do Deporte. Na asemblea tamén foron elixidos varios membros da Comisión Delegada. A de Bruno López era a única candidatura presentada, polo que foi reelixido como presidente pola asemblea. Posteriormente, procedeuse a
- Publicado en Noticia principal, Noticias, Portada
O BALONMÁN GALEGO DE LOITO POLO FALECEMENTO DE GENO GÓMEZ
viernes, 25 noviembre 2022
Día moi duro para o balonmán galego. Despois dunha longa enfermidade deixounos un dos nosos, Geno Gómez, xogador, técnico e seleccionador galego. Todos e todas os que o coñecían sabían que era un home que vivía tanto a vida como o balonmán con paixón. E iso quedou claro ata o final. Pediunos que non quería
- Publicado en Noticia principal, Noticias, Portada
MIÑO, EPICENTRO DO MINIBALONMÁN O DOMINGO 27 DE NOVEMBRO
jueves, 24 noviembre 2022
O domingo 27 de novembro celebrarase a Xornada de Promoción do balonmán Concello de Miño, co obxectivo prioritario de seguir avanzando na expansión do balonmán por toda Galicia. Hoxe tivo lugar o acto de presentación do evento, coa participación do alcalde de Miño, Manuel Vázquez; o concelleiro de Deportes de Miño, José Manuel Pantín; o
- Publicado en Noticia principal, Noticias, Portada
ESTA FIN DE SEMANA AS SELECCIÓNS GALEGAS INFANTÍS E CADETES XOGARÁN UN TORNEO EN PORTUGAL, MENTES QUE AS XUVENÍS ADESTRARÁN EN PORTAS
viernes, 18 noviembre 2022
As seleccións galegas infantís e cadetes (masculinas e femininas) xogarán esta fin de semana (19 e 20 de novembro) o Torneo Internacional de Seleccións Rexionais en Maia e Valongo (Portugal). Este torneo servirá como preparación para o Campionato de España de Seleccións Territoriais (CESA) 2023. Os combinados galegos sairán o sábado 19 pola mañá en
- Publicado en Noticia principal, Noticias, Portada, Selecciones Gallegas