Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.
There is nothing to show here!
Slider with alias blog-slider not found.
Os xogadores galegos Samuel Seijas (BM Culleredo) e Nicolás Giráldez (BM Porriño) foron convocados para formar parte do equipo nacional promesas masculino que disputará o Torneo Internacional IV Nacións do 13 ao 18 de decembro en Toledo. A Xeración 2006/07 estréase a nivel internacional ás ordes de Daniel Sánchez-Nieves nun torneo que medirá ao combinado
O balonmán galego está de loito polo falecemento de Begoña Pedrido, adestradora e membro do colectivo arbitral durante máis de dúas décadas. Begoña, de 41 anos, faleceu no día de hoxe despois dunha longa enfermidade. Os seus restos mortais estarán a partir de mañá na sala 6 do tanatorio Vigo Memorial. A Federación Galega de
As nosas seleccións continúan o traballo de preparación para o Campionato de España de Seleccións Territoriais, que se celebrará en Murcia a comezos do ano 2022. Desta forma, esta fin de semana, as seleccións infantís masculina e feminina; as cadetes masculina e feminina e a xuvenil feminina, estarán concentradas no hotel CEMAR de Mondariz Balneario
O galego Rodrigo Corrales forma parte da convocatoria da selección española de balonmán, os Hispanos, para os dous amistosos que xogarán contra Romanía en Avilés os días 4 (21:00 h.) e 6 (19:00) de novembro. Ademais, tamén forma parte da convocatoria o xogador do Frigoríficos do Morrazo BM Cangas, Daniel Fernández. Os xogadores están citados o día 1
O Campionato de España de Seleccións Territoriais está cada vez más preto e as nosas seleccións aceleran o traballo de preparación. Esta fin de semana, que conta co Ponte do Pilar, vai ser o momento idóneo para que as seleccións infantil (masculina e feminina), cadete (masculina e feminina) e xuvenil masculina realicen unha concentración (11
A Federación Galega de Balonmán e a Deputación da Coruña asinaron no día de hoxe un novo convenio de colaboración para traballar de forma conxunta na promoción do balonmán na provincia, e de forma moi especial na base e no balonmán feminino. No acto da sinatura de hoxe participaron o presidente da Federación Galega de
Achegamos a ligazón á resolución do 14 de setembro de 2021 da Secretaría Xeral para o Deporte,  pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas directas a federacións deportivas, clubs deportivos, sociedades anónimas deportivas e seccións deportivas de Galicia para a reactivación da actividade deportiva competitiva no contexto da COVID-19, e se procede á
Nova fin de semana de traballo para as seleccións galegas infantil, cadete e xuvenil (masculina e feminina), que xa comezaron a prepararse para o Campionato de España de Seleccións Territoriais (CESA) 2022. A selección galega infantil masculina, nun só grupo, terá unha concentración durante a fin de semana no Colexio San Narciso. Pola súa banda
A Federación Galega de Balonmán decidiu renovar por un ano o acordo coa empresa Cluber para ofertar aos clubs galegos esta plataforma que permite a xestión telemática integral dos clubs, optimizando tempos e recursos humanos. Como xa sucedeu a tempada pasada a Federación subvencionará o 100 por cento do custe desta plataforma, para que as
A galega Iria Benaches (BM Porriño) foi convocada pola Área Técnica da Real Federación Española de Balonmán para as xornadas de tecnificación da Xeración 2006/07 que se celebrarán en Íscar (Valladolid) do 3 ao 9 de outubro. Cristina Cabeza, seleccionadora das Guerreiras Promesas, vai ser a encargada de dirixir a actividade, na que participarán un total