BALONMÁN DE PRETO: XEILA FERVENZA

Xeila Fervenza é unha das poucas xogadoras galegas que pode dicir que logrou o título na Liga Iberdrola. Viviu ese momento máxico co Guardés, que recorda con moito orgullo sobre todo por vivir esa incrible comunión co pobo. Admira a Carmen Martín, adora adestrar na base e recoñece que sempre quixo xogar ao fútbol. Queres
Novos cursos para árbitros/as e anotador(a)/cronometrador(a). A Federación Galega de Balonmán abriu o prazo de inscrición duns cursos de anotador/cronometrador e de árbitro de iniciación, que se realizarán de forma on-line, co obxectivo de favorecer que as e os interesados poidan realizar esta formación dende casa e adaptado ás súas posibilidades horarias. Curso árbitro/a iniciación/aspirante. O

GRAZAS JUAN DE DIOS ROMÁN!

Ligas, Copas do Rei, medallas en Europeos e Xogos Olímpicos… Méritos deportivos, todos, pero Juan de Dios Román é moito máis. Juan de Dios fixo todo e máis no balonmán: Foi xogador, aínda que el aseguraba que foi mediocre; foi adestrador, e aí foi o mellor e o amosouno tanto ao fronte de clubs (Atlético
As galegas Estela Doiro e Cecilia Cacheda están convocadas para participar na concentración das Guerreiras «Obxectivo 2021», que se celebrará en Torrelavega do 30 de novembro ao 6 de decembro. Ademais, tamén acudirá á chamada a xogadora alicantina do Guardés Paula Arcos. A última concentración do programa «Obxectivo 2021» celebrouse no mes de setembro en
A galega Alicia Fernández xogará coas Guerreiras o Campionato de España 2020, que se celebrará en Dinamarca no mes de decembro! Alicia é unha das xogadoras habituais nas convocatorias do seleccionador Carlos Viver e nesta última lista, para o Torneo Internacional de España e a cita continental non podía faltar a nosa xogadora. As Guerreiras

Pase e Vai (capítulo 8)

Sabemos que estades esperando o Pase e Vai desta semana! Hoxe temos con nós a Antía Fernández, Valeria Ninni, Lucía Lema, Pablo González e Xoel Martínez. Pasámoslle o balón! Vai! #SomosGalicia #SomosBalonmán #ForteCoDeporte #SomosSolución
Este fin de semana Culleredo será o centro de operación para as retransmisións por streaming da Federación Galega de Balonmán. Serán en total cinco partidos os que se ofrecerán dende o Pavillón de Almeiras, o que nos permitirá ver ás categorías base, así como tamén un partido de Primeira Autonómica Masculina. Aquí tedes a programación
A partir desta fin de semana terás todo o balonmán en directo na túa man! So tes que conectarte a través da web www.fgbalonman.com, no apartado iSQUAD-TV DIRECTOS do menú superior e poderás acceder a todos os partidos que se estean disputando neses intres en directo nunha multipantalla. Podes seleccionar os encontros dos clubs galegos,

AGORA XA ESTAMOS TOD@S DE VOLTA!

Agora si que si. Esta fin de semana estaremos tod@s de volta! Comeza a actividade para as categorías base, nunha tempada no que o máis importante será xogar, divertirse e facer o que máis nos gusta: Balonmán. O mellor regalo de Reis! #SomosGalicia #SomosBalonmán #EstamosDeVolta #ForteCoDeporte #SomosSolución
A Federación Galega de Balonmán acadou un acordo coa empresa galega Galician Sports para poder retransmitir por streaming encontros do balonmán galego. Galician Sports conta cunha ampla experiencia na produción audiovisual de eventos deportivos e, tras varias conversas coa Federación Galega de Balonmán, ambas partes chegaron a un acordo para que o balonmán galego poida