GAEL BLANCO, CONVOCADO CO EQUIPO NACIONAL PROMESAS PARA O TORNEO IV NACIÓNS

O xogador do Balonmán Luceros Gael Blanco foi convocado para formar parte do Equipo Nacional Promesas que disputará O Torneo Internacional IV Nacións do 16 ao 22 de decembro.

Os xogadores están citados o día 16 en Madrid (na estación de Atocha), de onde partirán en dirección a Alcalá de Henares, onde estarán concentrados e se celebra o IV Nacións.

Estes son os partidos que vai disputar a selección española:

  • Xoves 19 de decembro (19:30 h.)  | España : Portugal
  • Venres 20 de decembro (18:30 h.) | España : Eslovaquia
  • Sábado 21 de decembro (12:00 h.) | España : Francia

No enlace tedes a convocatoria e o plan de traballo para os seleccionados entre os que se atopa o galego Gael Blanco. Noraboa!!!

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *