GALICIA TRIUNFA NO CESA DE BALONMÁN PRAIA

Galicia acudiu a este CESA con representación nos combinados infantís e cadetes, nas categorias masculinas a e femininas. O combinado infantil masculino alzouse co ouro nun intenso partido fronte a Aragón, mentres que os cadetes acadaron a medalla de prata tras caer na final contra Madrid nos shoot out.

As seleccións galegas de Balonmán Praia realizaron un gran papel no CESA, que se celebrou do 1 ao 3 de xullo en La Manga del Mar Menor. O balance final:

  • Selección Infantil Masculina: campiona de España
  • Selección Cadete Masculina: subcampiona de España
  • Selección Infantil Feminina: 5° de España.
  • Selección Cadete Feminina: 10° de España

A gran tradición de balonmán praia en Galicia, cunha consolidada Xira Galega de Balonmán Praia, está a dar os seus froitos. Os combinados galegos foros de menos a máis nunha competición moi esixente polo número de encontros a disputar en corenta e oito horas.

As cadetes comezaron o campionato máis dubitativas, circunstancia que provocou que quedaran fóra da pelexa polos metales na primeira fase. Por outra banda, as infantis quedaron eliminadas nos shoot out de cuartos de final fronte a Murcia, nun encontro moi igualado que finalmente caeu a favor das anfitrionas.

As boas novas, esta vez chegarían da man dos combinados masculinos. Os de Jandro Ocampo, cunha gran actuación da portería galega acadaban doblegar a Euskadi e plantarse na final, onde non pudieron superar a Madrid, pero cabe destacar ese meritorio segundo posto que converte a Galicia en Subcampiona de España.
O combinado infantil masculino amosouse intratable neste CESA, os de David Iglesias proclamáronse campións cun implacable 2-0 fronte a Aragón; un meritorio primeiro posto o conseguido por este grupo, que fai presaxiar un gran futuro para o balonmán praia galego.

A Federación Galega de Balonmán quere agradecer o esforzo organizativo da Federación de Balonmán de La Región de Murcia; e por suposto quere dar a noraboa e as grazas a todo o balonmán galego e a todas esas persoas que loitan para que o balonmán praia siga a medrar, facendo especial fincapé nos nosos corpos técnicos, que levan a traballar meses para poñer o balonmán praia galego no máis alto.