INSCRICIÓN EQUIPOS TEMPADA 2019/20

A nova tempada está a piques de comezar e chega o momento da inscrición dos equipos que van participar na tempada 2019/20. Os clubs deberán inscribir aos equipos ata o 22 de agosto de 2019, nas categorías que a continuación se relacionan:

– 1ª AUTONÓMICA MASCULINA / FEMININA

– 2ª AUTONÓMICA MASCULINA / FEMENINA

– DIVISIÓN HONRA XUVENIL MASCULINA

– DIVISIÓN DE HONRA XUVENIL FEMININA

– 2ª DIVISIÓN XUVENIL FEMININA

– 2ª XUVENIL MASCULINA

– DIVISIÓN DE HONRA CADETE MASCULINA / FEMININA

– 2ª CADETE MASCULINA / FEMININA- DIVISIÓN HONRA INFANTIL MASCULINA / FEMININA

– 2ª DIVISIÓN INFANTIL MASCULINA / FEMININA (*)

– ALEVÍN MIXTO (*)

– BENXAMÍN MIXTO (*)

– PLAY OFF: Os equipos participantes no play off xuvenil, cadete e infantil masculino e cadete e infantil feminino tamén deberán inscribir ao equipo na competición do play off.

(*) A inscrición nas categorías 2ª división infantil masculina e feminina, alevín e benxamín mixto, poderá facerse ata o 20 de setembro.

As inscricións faranse a través da plataforma de iSquad.  https://hub.misquad.es/misquad-balonmano/
Tedes adxunto un manual de instruccións orientativo para a inscripción dos club, equipos, directivos e xogadores. O manual adxunto é o da RFEBM. por favor usade o enlace arriba indicado para todo o relacionado coas competicións territoriais e provinciais. NON debedes entrar a través da páxina da RFEBM.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *