LAS GUERRERAS GAÑAN O DUELO FRONTE A AZERBAIYÁN EN O PORRIÑO

O Pavillón Municipal de O Porriño acolleu onte, ás 18:00h, o partido internacional España – Azerbaiyán que rematou coa vitoria de Las Guerreras.

Unha ampla vitoria queconverteu o encontro nun partido cómodo na segunda metade, na que a selección absoluta feminina, alcanzou unha diferenza notable no marcador.

Dende o inicio do encontro Las Guerreras  impuxeron o seu ritmo, demostrando a súa calidade e despegándose no marcador a medida que avanzaba o partido. Aproveitaron a ocasión para probar diferentes combinacións de xogo, preparándose así para o seu próximo desafío, o preolímpico de Torrevieja, onde buscarán asegurar a súa participación nos Xogos Olímpicos. A galega Alicia Fernández desfrutou de xogar por primeira vez na casa sumando o seu talento ao ambiente único que se viviu no Pavillón Municipal de O Porriño. Pola súa parte, Paulina P. Buforn, xogadora do Conservas Orbe Rubensa Bm Porriño, recibiu o MVP á mellor xogadora do partido.

A selección nacional absoluta feminina non pisaba chan galego dende 2007, e non puideron ter unha mellor acollida. As entradas esgotadas dende unha semana antes do partido, reflexaron o que todos esperábamos, un pavillón a rebordar, cun cheo absoluto, que non deixou de animar e alentar ao equipo nacional en ningún momento, o que engadiu máis emoción, se cabe, a un ambiente inesquecible para todos e todas os e as presentes.

Ademais, no palco de autoridades, contamos coa distinguida presencia de representantes de diversas institucións, entre elas, a Deputación de Pontevedra, a Xunta de Galicia, o Concello de O Porriño, a Real Federación Española de Balonmano, e o presidente da Federación Galega de Balonmán, Bruno López. A maiores asistiron diversos patrocinadores do evento.

Cabe destacar, a labor dos voluntarios, os cales axudaron a que o evento se desenvolvese cun gran éxito.

No descanso do partido, fíxose un recoñecemento á Peña O Inferno de A Sangriña, con motivo do seu décimo aniversario.

O partido rematou cun resultado de 43-16 para as nosas, que pechan así a Clasificación para o Europeo 2024 cun pleno de vitorias, 6 de 6.

Ficha Técnica: 

España (43:16) Azerbaiyán

España

Mercedes Castellanos y Nicole Wiggins na portería, Marta López (6), Carmen Campos (1), Silvia Arderius (1), Jennifer Gutiérrez (3), Maitane Echeverría (2), Lara González (2), Sole López (4), Kaba Gassama (1), Alicia Fernández (4), Paulina P. Buforn (8), Lysa Tchaptchet (4), Paula Arcos (1), Shandy Barbosa (3), Mireya González (2). 

Azerbaiyán

A. Hasanova y L. Rasulova na portería; A. Barbakadze (8), R. Hasanova (4), I. Shukurova (), M. Mammadova (), E. Ibrahimova (), I. Mikhalkovich (2), S. Musayeva (), M. Abbasova (1), A. Heybatli (), K. Bayramova (), U. Sharifova (1). 

Marcador | 5:1, 10:2, 13:4, 17:4, 18:7, 20:8; 24:9, 27:11, 32:13, 36:14, 38:15, 43:16 

Árbitros | Sandra Schaad y Andrea Müller de Suiza. Excluíron a Lara González de España y a K. Bayramova, M. Abbasova, A. Barbakadze, I. Shukurova, E. Ibrahimova y S. Musayeva.