No Día Internacional da Non Violencia presentamos a tarxeta violeta

Hoxe 2 de outubro celébrase o Día Internacional da Non Violencia e parécemos o mellor momento para informarvos sobre a nova tarxeta violeta, que comezará a utilizarse esta tempada 2019/20.

A tarxeta violeta empregarase en categorías base (cadetes e inferiores) ante incidentes reiterados que revistan unha conducta de especial gravidade, que poidan afectar ós/ás xogadores/as, árbitros/as ou espectadores/as do encontro e que obriguen á interrupción do mesmo. O fin desta tarxeta é conseguir que cesen ditos comportamentos ofensivos, tanto por parte dos responsables de ambos equipos coma do público asistente.

A exhibición desta tarxeta conlevará que o/a colexiado/a deixará de arbitrar e será o adestrador do equipo amonestado, tanto fose a título persoal como colectivo (por incidentes de público), o que continuará arbitrando o encontro ata o remate. O Comité de Competición, tras verificar que a tarxeta foi correctamente mostrada, dará o partido por perdido ao equipo infractor cun resultado de 10-0.

Os/as colexiados/as velarán pola aplicación proporcionada desta norma, que en todo caso, ten carácter excepcional.

Esperamos non ter que ver nunca esta tarxeta violeta, xa que eso significará que avanzamos en convivencia e respecto cara ao rival e o colectivo arbitral e entendemos o deporte como o que é, e moito máis nas categorías base, nas que o obxectivo prioritario é que os nenos e nenas se divirtan.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *