A Federación Galega de Balonmán pon en marcha un curso de streaming para o balonmán galego. A situación que estamos a vivir a raíz da pandemia provocada pola Covid-19 conlevou importantes restricións, moitas delas afectando aos aforos das instalacións deportivas. Os clubs, a propia federación e as e os deportistas deben reinventarse para seguir chegando á masa social e dar visibilidade ao noso deporte dun xeito asumible e práctico e por iso parécenos moi interesante esta formación sobre streaming para os nosos clubs.
O curso estará impartido por Jose Manuel Molina Almera «Moli», un vello coñecido do balonmán galego xa que participou no último CESA celebrado na nosa comunidade, como comentarista e director da parcela de streaming. Actualmente Moli está a traballar coa Federación Andaluza de Balonmán.
O curso será gratuíto e levarase a cabo o martes 27 e mércores 28 de outubro de 2020, en horario de 21:30 a 22:30 horas. O alumnado terá os contidos grabados á sua disposición de xeito permanente , aínda que dende a área de formación da FGBm recomendan acceder en directo para solventar dúbidas dun xeito eficiente e áxil.
Podedes consultar toda a información sobre o curso, así como realizar a inscrición nas seguintes ligazóns:
Debes ser identificado introducir un comentario.