SUBVENCIÓNS A ENTIDADES DEPORTIVAS PARA ACTIVIDADES CONVOCADAS POLA SECRETARÍA XERAL PARA O DEPORTE

Hoxe luns 11 de maio publicouse no Diario Oficial de Galicia, a RESOLUCIÓN do 28 de abril de 2020, da Subdirección Xeral de Plans e Programas da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se fan públicas as listaxes de solicitudes suxeitas a emenda, as solicitudes inadmitidas e as solicitudes admitidas, presentadas ao abeiro da Resolución do 16 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, a clubs deportivos, sociedades anónimas deportivas e seccións deportivas de Galicia para o desenvolvemento de actividades deportivas, e se convocan para o ano 2020 (código de procedemento PR945C).

Prazo para reclamacións, emendar erros e falta de documentación: dende mañá martes 12 de maio ata o luns 25 de maio. Recórdese que para emendar as deficiencias os interesados deberán ir á sede electrónica, localizar a súa solicitude e en “Accións” seleccionar “Emenda ao requirimento”. Debedes ter especial coidado en elixir correctamente o procedemento da solicitude a emendar –PR945C-.

As entidades cun dobre asterisco (**) no motivo da emenda figuran tamén no anexo II de solicitudes inadmitidas.

Tedes toda a información no seguinte enlace:

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *