XA PODES MERCAR AS TÚAS ENTRADAS PARA O MUNDIAL JÚNIOR DE VIGO E PONTEVEDRA

Dende hoxe 3 de xullo xa podedes mercar as localidades para asistir ao Mundial Júnior masculino, que se celebrará en Vigo e Pontevedra do 16 ao 28 de xullo. A venda de localidades realizarase a través de Marcaentradas e tamén haberá puntos de venda físicos nas sedes de todos os clubs galegos ou  na Federación Galega de Balonmán.

Os prezos das localidades oscilan entre os 7 euros das xornadas de mañá ou tarde da primeira fase (tres partidos), ata os 32 do último día para gozar coa final na que se decidirá o campión do mundo e a loita polo bronce. Tamén haberá un abono (para toda a primeira fase, oitavos e cuartos de final) por 70 euros. Os menores de 14 anos terán acceso gratuíto.

Non os perdades a oportunidade de ver en acción aos mellor xogadores do mundo da categoría júnior e de animar aos nosos Hispanos Júnior, que tentarán revalidar o título acadado hai dous anos en Alxeria.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *