As finais das dúas competicións de referencia celébraranse o domingo 7 de setembro no Pavillón Municipal de Fontecarmoa, en Vilagarcía de Arousa.
A antiga praza da Peixaría, en Vilagarcía de Arousa, acolleu este xoves a presentación oficial da Supercopa e Copa Galicia de Balonmán 2025, o primeiro gran evento da tempada que reunirá aos mellores equipos galegos, consolidándose como unha auténtica festa do noso deporte.
Durante o acto contamos coa presenza institucional de:
- José Ramón Lete, Secretario Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia;
- Xisela Aranda, Directora de Deportes da Deputación de Pontevedra;
- Alberto Varela, Alcalde de Vilagarcía de Arousa;
- Carlos Coira, Concelleiro de Deportes de Vilagarcía de Arousa
- Bruno López, Presidente da Federación Galega de Balonmán
Xunto a eles estiveron tamén directivos/as, adestradores/as e xogadores/as en representación dos clubs participantes.
As autoridades destacaron a importancia deste primeiro gran evento da tempada, subliñando que o balonmán galego non deixa de medrar, que será unha fin de semana para desfrutar do mellor nivel competitivo e que este tipo de citas serven tamén como espello para as categorías base.
Horarios das finais – Domingo 7 de setembro, Pavillón Municipal de Fontecarmoa
- 11:00 h. Final Copa Galicia Feminina: A.D. Carballal – Helvetia Saeplast Cañiza
- 13:00 h. Final Copa Galicia Masculina: Valinox Novás – Lirón Teucro 80 Aniversario
- 14:30 h. Cerimonia de entrega de premios Copa Galicia
- 17:00 h. Final Supercopa Galicia Masculina: Club Cisne Colegio Los Sauces – Frigoríficos do Morrazo BM Cangas
- 19:00 h. Final Supercopa Galicia Feminina: Conservas Orbe Zendal BM Porriño – Mecalia Atlético Guardés
- 20:30 h. Cerimonia de entrega de premios Supercopa Galicia
Vilagarcía de Arousa converterase así no epicentro do balonmán galego esta fin de semana, ofrecendo un espectáculo que promete emoción, intensidade e moito ambiente nas bancadas.





