SD Teucro, Disiclín Balonmán Lalín e Acanor Atlético Novás xa coñecen o calendario da División de Honra Prata Masculina da tempada 2020/21, que comezará 26 de setembro. Esta mañá celebrouse, na sede da Real Federación Española de Balonmán, o sorteo do calendario para a tempada 2020/21 da División de Honra Prata Masculina no cal participaron
Atlético Guardés-Lanzarote Puerta del Carmen e Liberbank Gijón-Conservas Orbe Rubensa Porriño será os choques cos que os clubs galegos comezarán a tempada 2020/21 da Liga Iberdrola. Hoxe celebrouse na sede da Real Federación Española de Balonmán o sorteo do calendario da Liga Guerreiras Iberdrola, que comezará os próximos 12 e 13 de setembro, que terá
Dende hai uns días, o Atlético Guardés ten novo presidente. Jesús López asume o reto nun club que coñece á perfección e no que espera continuar o bo traballo feito no pasado. «Ilusionar á afección, incrementar a masa social, captar a máis empresas do tecido da vila e fomentar a base… esas serán algunhas das
Pedro Rodríguez (Vigo, 1990) leva case toda a súa vida profesional lonxe de Galicia, pero non por iso esquece as súas raíces e volve sempre en vacacións a súa cidade, onde pensa en instalarse ao remate da súa vida profesional no balonman. Na última accidentada tempada xogou no Balatonfuredi KSE húngaro, onde se atopa feliz.
Xa está aberto o prazo do 17 ao 29 de xuño (ambos inclusive), para inscribir aos equipos nas categorías e competicións que a continuación se relacionan: – 1ª AUTONÓMICA MASCULINA / FEMININA – 2ª AUTONÓMICA MASCULINA – XUVENIL MASCULINA COPA GALICIA – XUVENIL FEMININA – CADETE MASCULINA / FEMININA COPA GALICIA – INFANTIL MASCULINA / FEMININA COPA GALICIA COPA GALICIA: Para participar
No día de hoxe, a Secretaría Xeral Para o Deporte publicou o protocolo coa metodoloxía a seguir polas federacións deportivas galegas para o establecemento das medidas de prevención necesarias para facer fronte á crise sanitaria ocasionada pola COVID-19 no ámbito do deporte federado de Galicia. A Federación Galega de Balonmán está a traballar nos protocolos para o retorno
Patricia e Angélica Comesaña (1 de agosto de 1981, Vigo) foron as nosas Charlotte e Julie Bonaventura: xemelgas e árbitras de balonmán. Hai uns anos deixaron de arbitrar en Galicia e recordan ese momento con tristura e un pouco de dor. Agora ambas están fóra da nosa terra por cuestións laborais, aínda que Geli non
Xa falta moi pouco para que regresemos á sede da Federación Galega de Balonmán de forma física. Durante estes tres meses de confinamento pola crise sanitaria do COVID-19 levamos á oficina a casa, pero pouco a pouco as cousas están volvendo ao seu cauce, polo que na Federación Galega de Balonmán tamén queremos ir recuperando
Irene Vilaboa foi noticia esta semana tras confirmarse o seu compromiso coa SD Teucro, para poñerse ao fronte do equipo de División de Honra Prata Masculina. Esta fichaxe é histórica, por ser a primeira muller que adestra un equipo masculino na elite do balonmán español, pero Irene non quere ser portadas por iso, “a noticia
A Secretaría xeral para o Deporte inicia un novo prazo (xuño) para poder solicitar o recoñecemento de DEPORTISTA GALEGO DE ALTO NIVEL (DGAN). As solicitudes presentarse preferentemente de forma telemática. No caso de solicitar o recoñecemento de xeito presencial os interesados deberán aportar a solicitude cuberta e asinada polo solicitante ou polo seu titor se