There is nothing to show here!
Slider with alias blog-slider-bigger not found.
Carlos Álvarez (Club Cisne) foi convocado pola selección nacional xuvenil masculina, para a disputa do Scandibérico, que se celebrará en Suecia (Landskrona) do 25 ao 27 de outubro. Precisamente esta foi a primeira lista do seleccionador Javier Fernández, Jabato, adestrador do Cisne Colegio Los Sauces. O seleccionador nacional citou aos xogadores o 20 de outubro en Madrid,
Os galegos Xoan Ledo (Bidasoa Irún) e Víctor Rodríguez (Recoletas Atlético Valladolid) foron convocados por Jordi Ribera para formar parte da selección española que disputará o IV Nacións en Arxentina do 23 ao 25 de outubro. Nesta convocatoria hai unha mezcolanza de xogadores habituais e máis veteranos con outros novos, que Ribera quere ir incorporando

Balonmán de preto: Fran Teixeira

Fran Teixeira é o adestrador galego máis laureado do noso deporte, cun curriculum envexable e moitas experiencias que contar. Escoitalo é sempre un pracer, aínda que unha entrevista se queda moi curta para todo o que nos pode contar e ensiñar. Con vostedes: Fran Teixeira!
Hoxe 2 de outubro celébrase o Día Internacional da Non Violencia e parécemos o mellor momento para informarvos sobre a nova tarxeta violeta, que comezará a utilizarse esta tempada 2019/20. A tarxeta violeta empregarase en categorías base (cadetes e inferiores) ante incidentes reiterados que revistan unha conducta de especial gravidade, que poidan afectar ós/ás xogadores/as,
A Copa do Rei ofrécenos o primeiro derbi do Lérez da tempada. Moi pronto, igual antes do que querrían ambos conxuntos, chegará o primeiro enfrontamento oficial entre Cisne Colegio Los Sauces e Condes de Albarei Teucro (sábado 28 de setembro, 20:00 horas, Pavillón Municipal). Despois de só dúas xornadas ligueiras, parón para disputar a primeira
A galega Alicia Fernández (HCM Ramnicu Valcea) e a central do Mecalia Atlético Guardés Carmen Campos forman parte da convocatoria das Guerreiras, que xa están concentradas en Almería para preparar os dous primeiros partidos de clasificación para o Campionato de Europa 2020. No primeiro encontro España enfrontarase a Grecia en Almería o 26 de setembro
Os play-off dan paso ás competicións polo Campionato Galego e o conseguinte acceso aos sectores nacionais. As categorías xuvenil, cadete e infantil feminina e masculina dan o pistoletazo de saída á loita por ser o mellor equipo da nosa comunidade. En total serán 78 equipos os que comezarán esta fin de semana a Liga 2019/20.
Ao entrar na sede da Federación Galega de Balonmán son as caras que te reciben hoxe e dende hai máis de trinta anos. Mariluz Sanromán, comezou a traballar aquí cando aínda era unha delegación e Marisa leva case 35 anos na que considera a súa casa e a súa familia. Con vostedes, Marisa e Mariluz!
Consultar as nosas competicións é cada vez máis sinxelo. So tes que descargar no teu móbil (tanto para Android coma iOS) a APP da RFEBM, onde contas cun apartado exclusivo para a FGBM. Por se non tes claro como facelo, aquí tes o noso tutorial ▶️
O Acanor Atlético Novás e o Club Cisne Colegio Los Sauces comezarán a tempada cun derbi cargado de emoción. Este sábado saltan a pista os equipos da División de Honra Prata Feminina e Masculina, con catro representantes galegos na categoría feminina e tres na masculina. E o sorteo obsequiounos na primeira xornada cun interesante derbi