A selección galega infantil masculina conseguiu o bronce, unha medalla máis que merecida despois do gran CESA realizado estes días en Murcia. Foi un partido tremendamente igualado e disputado no que Galicia nunca deixou de crer nas súas posibilidades. Ademais, da última xornada hai que destacar os triunfos das seleccións cadetes que lograron proclamarse campioas
A selección galega infantil masculina loitará maña con Castela e León por acadar unha medalla de bronce no Campionato de España de Seleccións Territoriais de Murcia. Hoxe Galicia non puido con Andalucía nun partido con moitas imprecisións e nervios dos nosos rapaces. O equipo xuvenil feminino buscará a sétima posición e os catro restantes tratarán
A selección galega infantil masculina acadou o pase para as semifinais do Campionato de España de Seleccións Territoriais de Murcia. Hoxe Galicia superou a Madrid (29:23) e mañá enfrontarase a Andalucía, un dos claros favoritos. Pola súa banda, a selección galega xuvenil feminina non puido con Euskadi nos cuartos de final e loitará pola quinta
Día moi complicado para as seleccións galegas no Campionato de España de Seleccións Territoriais de Murcia. Hoxe foi un día de bágoas, de tristeza e de enorme desilusión para os combinados galegos. Só acadaron o pase para os cuartos de final, a selección infantil masculina e a xuvenil feminina, aínda que hoxe tamén perderon os
A selección galega infantil masculina acadou hoxe a segunda vitoria consecutiva e logrou a clasificación para os cuartos de final do Campionato de España de Seleccións Territoriais de Murcia. Non foi un gran día en canto a resultados. So gañaron as seleccións infantil masculina e xuvenil feminina, e mañá será un día decisivo para tratar
Dúas vitorias, un empate e tres derrotas. Este é o balance das nosas seleccións na primeira xornada do CESA 2022, un día no que os nervios pesaron en exceso. Venceron as dúas seleccións infantís, empatou a xuvenil masculina e caeron de forma clara os combinados da categoría cadete e a selección xuvenil feminina. Infantil feminina.
Pasaron case dous anos e medio da última viaxe das nosas seleccións a un Campionato de España de Seleccións Territoriais. Despois da suspensión do CESA 2021 e do aprazamento da edición do 2022 ata Semana Santa, chegou o momento da verdade. As seleccións galegas infantil, cadete e xuvenil masculinas e femininas participarán no CESA do
Hoxe celebrouse en Santiago de Compostela o acto de despedida das seleccións galegas de balonmán, que participarán no Campionato de España de Seleccións Territoriais en Murcia do 9 ao 14 de abril. No acto estiveron presentes o secretario  xeral para ou Deporte, José Ramón Lete Lasa; o presidente da Federación Galega de Balonmán, Bruno López;
A Federación Galega de Balonmán, xunto a outras federacións deportivas galegas, asinou un convenio de colaboración co Concello da Estrada para a utilización das instalacións deportivas, así como a creación de novas escolas e a dinamización da nosa modalidade deportiva neste concello. Neste acto estiveron presentes o alcalde de A Estrada, José López Campos; o
Chegou por fin a primeira Final Four da tempada 21/22! Esta fin de semana (2 e 3 de abril) xogarase no Gatañal (Cangas) a Final Four xuvenil masculina e feminina. En xogo, a clasificación para os sectores nacionais, así que temos por diante dúas xornadas de moito balonmán e emoción. O sábado 2 de abril