Esta semana teremos o segundo asalto da Copa do Rei, con Acanor Novás, Cisne Colegio Los Sauces e Frigoríficos do Morrazo como protagonistas galegos. Os dous equipos de División de Honra Prata xogarán o martes 15 en casa, mentres que o BM Cangas disputará a eliminatoria fóra o mércores. O Acanor Novás recibe mañá 15
Os galegos Álvaro Preciado (Cisne Colegio Los Sauces) e Brais González (BM Cangas) forman parte da primeira convocatoria de Rodrigo Reñones, o novo seleccionador nacional júnior masculino. O central do Cisne volveu ao combinado nacional para participar na primeira actividade do novo equipo técnico, que se celebrará do 20 ao 27 de outubro na localidade
Hoxe 11 de outubro celébrase o Día Internacional da Nena e a Federación Galega de Balonmán quere felicitar a todas as nosas «nenas»: As que xogan ao balonmán, as adestradoras, as mamás, irmás, aboas… que levan aos/ás seus nenos/as a adestrar, as dirixentes que traballan nos clubs, as árbitras e mesas…. a todas as que
A galega Estela Doiro (BM Málaga) e as xogadores do Mecalia Atlético Guardés Carmen Campos e Paulina Pérez, foron convocadas para participar na próxima actividade das Guerreiras `Obxectivo 2021´, que ten como obxectivo preparar a promesas do balonmán feminino español para a súa futura incorporación ao combinado nacional. Carlos Viver, máximo responsable deste programa, citou
Carlos Álvarez (Club Cisne) foi convocado pola selección nacional xuvenil masculina, para a disputa do Scandibérico, que se celebrará en Suecia (Landskrona) do 25 ao 27 de outubro. Precisamente esta foi a primeira lista do seleccionador Javier Fernández, Jabato, adestrador do Cisne Colegio Los Sauces. O seleccionador nacional citou aos xogadores o 20 de outubro en Madrid,
Os galegos Xoan Ledo (Bidasoa Irún) e Víctor Rodríguez (Recoletas Atlético Valladolid) foron convocados por Jordi Ribera para formar parte da selección española que disputará o IV Nacións en Arxentina do 23 ao 25 de outubro. Nesta convocatoria hai unha mezcolanza de xogadores habituais e máis veteranos con outros novos, que Ribera quere ir incorporando

Balonmán de preto: Fran Teixeira

Fran Teixeira é o adestrador galego máis laureado do noso deporte, cun curriculum envexable e moitas experiencias que contar. Escoitalo é sempre un pracer, aínda que unha entrevista se queda moi curta para todo o que nos pode contar e ensiñar. Con vostedes: Fran Teixeira!
Hoxe 2 de outubro celébrase o Día Internacional da Non Violencia e parécemos o mellor momento para informarvos sobre a nova tarxeta violeta, que comezará a utilizarse esta tempada 2019/20. A tarxeta violeta empregarase en categorías base (cadetes e inferiores) ante incidentes reiterados que revistan unha conducta de especial gravidade, que poidan afectar ós/ás xogadores/as,
A Copa do Rei ofrécenos o primeiro derbi do Lérez da tempada. Moi pronto, igual antes do que querrían ambos conxuntos, chegará o primeiro enfrontamento oficial entre Cisne Colegio Los Sauces e Condes de Albarei Teucro (sábado 28 de setembro, 20:00 horas, Pavillón Municipal). Despois de só dúas xornadas ligueiras, parón para disputar a primeira
A galega Alicia Fernández (HCM Ramnicu Valcea) e a central do Mecalia Atlético Guardés Carmen Campos forman parte da convocatoria das Guerreiras, que xa están concentradas en Almería para preparar os dous primeiros partidos de clasificación para o Campionato de Europa 2020. No primeiro encontro España enfrontarase a Grecia en Almería o 26 de setembro