RESOLUCIÓN DEFINITIVA DA SUBVENCIÓNS A CLUBS PARA ACTIVIDADE DEPORTIVA E COVID DA XUNTA DE GALICIA
viernes, 20 agosto 2021
Hoxe, venres 20 de agosto, publicouse no Diario Oficial de Galicia a RESOLUCIÓN coas listaxes definitivas de entidades beneficiarias das subvencións para actividades deportivas e medidas COVID (procedemento PR945C), así como as solicitudes denegadas por non acadar a puntuación mínima, e as inadmitidas e desistidas da súa petición. Os beneficiarios poden solicitar o cobro da axuda
- Publicado en Noticia principal, Noticias, Portada
COMEZA A COMPETICIÓN COAS COPAS GALICIA E AS SUPERCOPAS
miércoles, 18 agosto 2021
Que gañas tiñamos de poder dicir isto: Comeza a acción!!! Hoxe mesmo comeza a competición na Supercopa Galicia masculina e na Copa Galicia feminina, así que imos explicarvos como serán as diferentes competicións. Copa Galicia Feminina Nesta competición participan os cinco equipos que na tempada 2020/21 competiron na lida de División de Honra Prata Feminina
- Publicado en Noticia principal, Noticias, Portada
MAÑÁ 18 DE AGOSTO, SORTEOS DAS COMPETICIÓNS DA TEMPADA 21/22
martes, 17 agosto 2021
Mañá 18 de agosto (a partir das 12:00 horas) poderedes seguir os sorteos das diferentes competicións galegas correspondentes a tempada 2021/22 a través da nosa canle de youtube ou ben polo facebook da Federación Galega de Balonmán. A continuación tedes a información sobre os diferentes sorteos e horarios, así como as ligazóns para poder seguilos.
- Publicado en Noticia principal, Noticias, Portada
RODRIGO CORRALES, NA RECEPCIÓN DO PRESIDENTE DA XUNTA AOS OLÍMPICOS GALEGOS
viernes, 13 agosto 2021
O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, ofreceu hoxe unha recepción aos olímpicos galegos, entre os que se atopaba o noso Rodrigo Corrales (bronce olímpico). Curiosamente o acto foi dirixido por outro `balonmaneiro´ David Amor, que como sempre puxo unha nota de humor, no momento de falar cos grandes protagonistas. Alicia Fernández, a
- Publicado en Noticia principal, Noticias, Portada
CINCO GALEGOS NAS XORNADAS DE TECNIFICACIÓN DA XERACIÓN 2004/05
miércoles, 11 agosto 2021
Cinco xogadores galegos forman parte da convocatoria ofrecida pola Área Técnica da Real Federación Española de Balonmán, para participar nas Xornadas de Tecnificación da Xeración 2004/05, que se celebrarán no CAR de Granada do 14 ao 21 de setembro. Os convocados galegos son Manu Pérez (BM Luceros), Gael Blanco (BM Luceros), Rubén Sequeiros (BM Cisne),
- Publicado en Noticia principal, Noticias, Portada
XA TEMOS CAMPIÓNS GALEGOS DE BALONMÁN PRAIA 2021!
domingo, 25 julio 2021
Que mellor forma de celebrar o Día de Galicia que xogando ao balonmán? O 25 de Xullo, baixo as nosas cores no ceo, celebrouse a última e definitiva xornada da Proba Concello de Marín-Copa Xacobeo, que a súa vez tamén era a última proba da Xira Galega de Balonmán Praia. Desta forma, tivemos campións por
- Publicado en Noticia principal, Noticias, Portada
A XIRA GALEGA DE BALONMÁN PRAIA REMATA COA PROBA CONCELLO DE MARÍN – COPA XACOBEO
miércoles, 21 julio 2021
Comeza mañá a proba Concello de Marín-Copa Xacobeo coa que se porá punto e final á Xira Galega de Balonmán Praia 2021. Esta proba, con 63 equipos inscritos, desenvolverase ao longo de catro días e o seu resultado será transcendental para coñecer aos campións galegos de balonmán praia do presente ano. Hoxe tivo lugar na
- Publicado en Noticia principal, Noticias, Portada
CLASIFICACIÓN XIRA GALEGA DE BALONMÁN PRAIA
miércoles, 14 julio 2021
Trala celebración das tres primeiras probas da Xira Galega de Balonmán Praia e a suspensión da proba Concello de Sanxenxo, así queda a clasificación xeral provisional, con PTV HandStrand (na categoría masculina) e Merengue Merengue A (feminina) en cabeza na categoría sénior. Así, so falta por celebrarse a proba Concello de Marín. A praia de
- Publicado en Noticia principal, Noticias, Portada
SUSPENDIDA A PROBA DE BALONMÁN PRAIA CONCELLO DE SANXENXO
martes, 13 julio 2021
Sabíamos que, ao igual que a tempada de pista, a Xira Galega de Balonmán Praia non ía ser algo doado de levar a cabo. A Federación Galega de Balonmán, en consenso co Concello de Sanxenxo e despois de valorar a situación actual en relación ao incremento dos casos de COVID na zona, decidiron suspender a
- Publicado en Noticia principal, Noticias, Portada
HORARIO DE VERAN NA FEDERACIÓN GALEGA DE BALONMÁN
lunes, 12 julio 2021
A partir de mañá 13 de xullo, a Federación Galega de Balonmán estrea horario de verán. Desta forma, o horario de atención ao público na oficina da FGBm será de 10 a 14:00 horas dende mañá ata o vindeiro 27 de agosto. Fora de este horario, calquera persoa que queira poñerse en contacto con nós
- Publicado en Noticia principal, Noticias, Portada