ESTELA DOIRO, CONVOCADA COAS GUERREIRAS

Que magnífico inicio de tempada está a ter Estela Doiro! Logrou a Copa da Raíña co seu club, o Balonmán Málaga, foi elixida mellor xogadora da final e agora ven de ser convocada por Carlos Viver para unha concentración co equipo nacional absoluto feminino. A incorporación de Estela Doiro (e tamén de Silvia Arderius) prodúcese ante as baixas de Nerea Pena e Mireya González.

A galega volve a unha concentración coas Guerreiras nove anos despois. Fora convocada en 2011 e nestes últimos anos acudiu a varias concentracións co programa «Obxectivo 2021», para dar agora o salto ao primeiro equipo.

Precisamente Estela enterouse da convocatoria coas Guerreiras en Granollers, onde está a participar nunha concentración de «Obxectivo 2021». Estela explicounos como foi a comunicación: «Pois foi aquí na concentración do Obxectivo. No adestramento da mañá, iamos empezar a facer pesas cando Carlos me dixo para quedarme aquí a semana que vén co grupo da absoluta». Para a nosa xogadora foi unha sorpresa e unha alegría enormes: «Fíxome moitísima ilusión porque non contaba con iso e o simple feito de que che teñan en conta xa é incrible. Estou moi moi contenta!»

Así que non se move de Granollers. O día 26 remata esta concentración e ao seguinte comeza co equipo absoluto ata o 4 de outubro. Aí se atopará con Alicia Fernández, polo que Galicia contará con dúas representantes.

Na seguinte ligazón, tedes a convocatoria e o plan de traballo.

Noraboa Estela Doiro!!

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *