O sábado 4 de xullo celebrarase en Vigo (salón de actos do Edificio das Federacións Deportivas) a Asemblea Ordinaria da Federación Galega de Balonmán, que este ano será un pouco diferente polas medidas de prevención adoptadas nesta «nova realidade» na que nos atopamos. A primeira convocatoria será ás 09:30, mentres que a segunda terá lugar
Rafa García Mosquera (Vigo, 1973) leva o balonmán no sangue, cun pai e un irmán maior xa árbitros e outro xogador. Así, dende moi neno, quixo pitar e aos 14 anos, cando era posible por idade, apuntouse ao primeiro curso de árbitro. Recorda como se fose hoxe o seu primeiro partido arbitrado nas 24 horas
A Secretaría Xeral para o Deporte deu a coñecer a resolución da subvención a clubs polo desenvolvemento de actividades (código de procedemento PR945C), coa listaxe definitiva das entidades beneficiarias, as solicitudes denegadas e as inadmitidas ou desistidas. Xa que a resolución está pendente de publicación no DOG, os beneficiarios TODAVÍA NON PODEN SOLICITAR O COBRO DA
Son xa varios os meses sen poder saír ás pistas, pero o colectivo arbitral galego non deixou de traballar. Nestes meses sen competición houbo formación continuada para todos e todas, co obxectivo de seguir mellorando e aprendendo día a día. Así, mañá venres 26 de xuño (a partir das 19:30 horas) haberá unha conferencia dobre,
Día de sorteos na sede da Real Federación Española de Balonmán. Tamén se sorteou o calendario da Primeira Nacional Masculina, que comezará a inicios de outubro coa participación de doce clubs galegos no grupo A. Así quedou a primeira xornada de Liga do grupo A, con catro choques de rivalidade: BALONMANO RECONQUISTA GRUPO FORBE –
Hoxe celebrouse o sorteo do calendario da tempada 2020/21 da División de Honra Prata Feminina, que estará formada por catro grupos de 14 equipos cada un. No grupo A contaremos con cinco clubs galegos: Rubensa BM Porriño, AD Carballal, SAR Rodavigo, CdeC Lavadores e Asmubal Meaño. Así quedou a primeira xornada de Liga. GRUPO A:
SD Teucro, Disiclín Balonmán Lalín e Acanor Atlético Novás xa coñecen o calendario da División de Honra Prata Masculina da tempada 2020/21, que comezará 26 de setembro. Esta mañá celebrouse, na sede da Real Federación Española de Balonmán, o sorteo do calendario para a tempada 2020/21 da División de Honra Prata Masculina no cal participaron
Atlético Guardés-Lanzarote Puerta del Carmen e Liberbank Gijón-Conservas Orbe Rubensa Porriño será os choques cos que os clubs galegos comezarán a tempada 2020/21 da Liga Iberdrola. Hoxe celebrouse na sede da Real Federación Española de Balonmán o sorteo do calendario da Liga Guerreiras Iberdrola, que comezará os próximos 12 e 13 de setembro, que terá
Dende hai uns días, o Atlético Guardés ten novo presidente. Jesús López asume o reto nun club que coñece á perfección e no que espera continuar o bo traballo feito no pasado. «Ilusionar á afección, incrementar a masa social, captar a máis empresas do tecido da vila e fomentar a base… esas serán algunhas das
Pedro Rodríguez (Vigo, 1990) leva case toda a súa vida profesional lonxe de Galicia, pero non por iso esquece as súas raíces e volve sempre en vacacións a súa cidade, onde pensa en instalarse ao remate da súa vida profesional no balonman. Na última accidentada tempada xogou no Balatonfuredi KSE húngaro, onde se atopa feliz.