O 14 DE NOVEMBRO CELEBRARASE EN VIGO A XORNADA «AS REDES SOCIAIS NO DEPORTE» ORGANIZADA POR UFEDEGA

A Unión das Federación Galegas Deportivas (UFEDEGA) organiza a xornada «As redes sociais no deporte», que se celebrará o próximo día 14 de novembro (17:30 horas) na Casa do Deporte de Vigo.

Este curso de formación, que será impartido pola axencia de marketing Roi Scroll, vai dirixido a federacións, clubs e deportistas federados. Os interesados deben inscribirse neste correo electrónico: ufedega@gmail.com.

Esta será unha das actividades incluidas no convenio asinado entre UFEDEGA e a Secretaria Xeral para o Deporte, para a posta en marcha dunha campaña de formación e asesoramento para as federacións deportivas e os clubs galegos.

A UFEDEGA ten como obxectivo prioritario defender o deporte federado galego e tratar de conseguir unidos melloras para as federacións galegas e as e os seus federados. Dende hai máis de un ano (marzo de 2018) conta con nova xunta directiva, na que Rafael Louzán é o presidente e Bruno López, presidente da Federación Galega de Balonmán, actúa como vicepresidente.

1 Comment to “ O 14 DE NOVEMBRO CELEBRARASE EN VIGO A XORNADA «AS REDES SOCIAIS NO DEPORTE» ORGANIZADA POR UFEDEGA”

  1. Your point of view caught my eye and was very interesting. Thanks. I have a question for you.

Debes ser identificado introducir un comentario.