CAMIÑO DO CESA 2020

Xa falta moi pouco para o Campionato de España de Seleccións Territoriais e en nada presentaremos o vídeo de presentación das nosas selección para o CESA 2020. A estrea, o próximo día 27 de decembro!
A Federación Galega de Balonmán quere mandarvos os mellores desexos nestas Festas do Nadal, nas que a familia e os amigos son máis importantes que nunca. Por iso, dende a vosa familia do balonmán galego queremos sumarnos aos vosos desexos nestas festas, gozar con vos destes momentos e emprender o novo ano xuntos, confiando en
A Federación Galega de Balonmán decidiu suspender as competicións autonómicas e provinciais do sábado 21 de decembro, ante o anuncio realizado pola Xunta de Galicia de alerta dun temporal costeiro de nivel vermello e a recomendación da Secretaría Xeral para o Deporte de suspender as competicións deportivas. O obxectivo desta medida é protexer tanto aos
Xa queda moi pouco para o Campionato de España de Seleccións Territoriais das categorías infantil, cadete e xuvenil masculinas e femininas e as nosas seleccións aceleran a súa preparación. Aproveitando as vacacións do Nadal esta fin de semana todos os nosos combinados estarán concentrados para seguir traballando na súa preparación. Os xogadores e xogadoras deben
Esta fin de semana ofrecerá partidos de moita rivalidade e tanto na División de Honra Prata Masculina e Feminina como na Primeira Nacional Masculina. Ata sete derbis poderemos contemplar en dous intensos días. Condes de Albarei Teucro – Acanor Atlético Novás. Partidazo no Municipal de Pontevedra antes do parón do Nadal (sábado 14, 20:30 horas)
O xogador do Balonmán Luceros Gael Blanco foi convocado para formar parte do Equipo Nacional Promesas que disputará O Torneo Internacional IV Nacións do 16 ao 22 de decembro. Os xogadores están citados o día 16 en Madrid (na estación de Atocha), de onde partirán en dirección a Alcalá de Henares, onde estarán concentrados e
Pasou o Torneo Galicia-O Salnés, pero continúa o traballo para as nosas seleccións. O domingo 15 de decembro adestrarán as seleccións galegas infantil e cadete. As seleccións galegas cadete e infantil femininas están convocadas no pavillón do Gatañal, mentres que os combinados infantil e cadete masculinos adestrarán no Pavillón Manuel Coto Ferreiro da Estrada. Nos
Asturias e Castela e León repartíronse hoxe os triunfos nas diferentes categorías do Torneo Galicia- O Salnés “Xuntos contra a violencia de xénero”. Galicia, que chegaba con opcións de título nas categorías xuvenís, perdeu hoxe no partido decisivo. INFANTIL FEMININO: Triunfo de Asturias en la categoría infantil feminina, con Galicia en la segunda posición. Hoxe
A segunda xornada do Torneo Galicia – O Salnés “Xuntos contra a violencia de xénero” pechouse coas vitorias das seleccións xuvenís e derrotas dos combinados infantil e cadete. Mañá péchase a competición, preparatoria do Campionato de España de Seleccións Territoriais, que se disputará a comezos de xaneiro en Cantabria. INFANTIL FEMININO: Asturias, 23 – Galicia,
Pleno de vitorias para as seleccións galegas na primeira xornada do Torneo Galicia – O Salnés, que se celebrou hoxe en Vilanova de Arousa, Meaño, O Grove e Sanxenxo. Mañá continuará a competición, preparatoria do Campionato de España de Seleccións Territoriais, que se disputará a comezos de xaneiro en Cantabria. INFANTIL FEMININO:  Galicia, 27  –