Vai pola segunda edición, pero o All Star mixto da Federación Galega de Balonmán “Xacobeo 21-22” ameaza con converterse nun clásico polas festas Do Nadal para pechar o ano. Hoxe Pontevedra acolleu esta festa na que houbo unha mestura de todo: Deporte, concursos, música e solidariedade. A entrada ao evento era gratuíta pero a Federación
Queridos pais, nais, titores/as; Lamentamos comunicar que debido á delicada situación sanitaria que estamos a vivir, provocada pola Covid 19, a Real Federación Española de Balonmano ven de anunciar o aprazamento do Campionato de España de Seleccións Territoriais que estaba previsto do 3 ao 8 de xaneiro de 2022 en Murcia. Dende a Federación Galega
O domingo 26 de decembro, o Pavillón Municipal de Pontevedra acollerá a segunda edición do All Star Mixto FGBm Xacobeo 2122, evento co que o balonmán galego despedirá o ano 2021. Nesta segunda edición, a Federación Galega da un pasiño máis, xa que ao evento deportivo sumou un evento cultural: A participación do grupo galego
Os días 22 e 23 de decembro as seleccións galegas celebrarán unha concentración en Mondariz para continuar coa súa preparación do Campionato de España de Seleccións Territoriais 2022. A concentracion celebrarase no Hotel Cemar de Mondariz Balneario e os adestramentos realizaranse no Pavillón de Mondariz e o Pavillón Álvaro Pino de Ponteareas. IMPORTANTE: Tódolos xogadores
As seleccións galegas cadete masculina e infantil feminina participarán no I Torneo Internacional de Seleccións Rexionais Cidade de Maia 2021, que se celebrará esta fin de semana (18 e 19 de decembro) na cidade de Maia (Portugal). Todos os xogadores e xogadoras para poder viaxar deben ter toda a documentación en regra. Ademais dos documentos
A Fundación Deporte Galego publicou na páxina web https://deporte.xunta.gal/gl/convocatorias/listaxe-provisional-axudas-dgan-2021 a Listaxe provisional de solicitudes admitidas, con documentación incompleta e que non cumpren co apartado 3 (Persoas Beneficiarias), da Convocatoria de Axudas a Deportistas de Alto Nivel “Axudas DGAN 2021”. No caso das solicitudes pendentes de documentación, terán ata o xoves 23 de decembro para poder presentar os documentos requiridos accedendo á Carpeta
Xa estamos nas últimas semanas de preparación do Campionato de España de Seleccións Territoriais, CESA 2022 e o traballo é cada vez máis intenso. Os corpos técnicos das nosas seleccións queren aproveitar a longa Ponte da Constitución para adestrar e xogar. Desta forma as nosas seleccións están concentradas dende hoxe sábado 4 ata o luns
Continuamos coa preparación para o Campionato de España de Seleccións Territorias (CESA) 2022. Esta fin de semana será a quenda das nosas seleccións xuvenís (masculina e feminina) que adestrarán o domingo 28 de novembro no Pavillón A Marisma de Redondela. DATA: 28 de novembro LUGAR: Pavillón A MARISMA (REDONDELA) SELECCIÓN GALEGA XUVENIL MASCULINA: 17:00 – 19:00 h. SELECCIÓN
Conseguido! O equipo de balonmán feminino da Universidade de Vigo proclamouse hoxe campión de España Universitario tras vencer nun partido case perfecto á Universidade de Castela a Mancha (37-28). As rapazas dirixidas por Abel Estévez e Isma Martínez estiveron moi sólidas dende o inicio, cunha gran defensa e unha enorme efectividade en ataque, o que