DÚAS DERROTAS E DÚAS VITORIAS PARA OS NOSOS EQUIPOS NA ASOBAL E LIGA IBERDROLA
lunes, 14 septiembre 2020
Fin de semana intenso para os equipos galegos que militan nas máximas categorías do balonmán español. Vitorias de Dicsa Modular Cisne e Atlético Guardés e derrotas de Frigoríficos do Morrazo BM Cangas e Conservas Orbe Rubensa Porriño. Na Asobal gozamos dun derbi histórico. Por vez primeira enfrontáronse na máxima categoría do balonmán estatal Frigoríficos do
- Publicado en Noticia principal, Noticias, Portada
ESTE DOMINGO, STAGE ARBITRAL EN REDONDELA
sábado, 12 septiembre 2020
Seguimos dando pasos para estar preparados para arrancar. Este domingo 13 de setembro celebraremos en Redondela (A Marisma) un stage arbitral, no que os nosos colexiados/as pasarán unhas probas médicas e físicas neste inicio de tempada. A xornada estará marcada polas medidas sanitarias provocadas pola COVID-19. Así, os participantes estarán divididos en pequenos grupos para
- Publicado en Noticia principal, Noticias, Portada
DERBI HISTÓRICO NO GATAÑAL: FRIGORÍFICOS DO MORRAZO BM CANGAS-DICSA MODULAR CISNE
viernes, 11 septiembre 2020
Frigoríficos do Morrazo BM Cangas e Dicsa Modular Cisne ofrecerannos mañá sábado 12 de setembro (17:00 horas, TVG-2) un partido histórico, xa que será a primeira vez que ambos conxuntos coinciden na Liga Asobal. Será un derbi de moitas emocións nunha tempada atípica, cun Gatañal “reducido” en aforo e coa presenza de dous colexiados galegos:
- Publicado en Noticia principal, Noticias, Portada
BALONMÁN DE LONXE: VÍCTOR RODRÍGUEZ
jueves, 10 septiembre 2020
O vigués Víctor Rodríguez non esquece as súas raíces e os seus comezos no Seis do Nadal e aos seus amigos da nenez, aínda que recoñece que está moi contento en Valladolid. Iso si, ten un soño: Volver a xogar ao balonmán en Galicia! Queredes coñecelo un pouco mellor? Con vostedes, Víctor Rodríguez! #SomosGalicia#SomosBalonmán
- Publicado en Noticia principal, Noticias, Portada
ESTELA DOIRO E CECILIA CACHEDA, NA PRÓXIMA ACTIVIDADE DO PROGRAMA OBXECTIVO 2021
miércoles, 09 septiembre 2020
As galegas Estela Doiro e Cecilia Cacheda forman parte da convocatoria de Carlos Viver para a primeira actividade post COVID-19 do programa «Obxectivo 2021», que se celebrará do 20 ao 26 de setembro en Granollers. Na convocatoria de Carlos Viver destacan as dúas galegas, que fixeron un magnífico papel na Copa da Raíña celebrada a
- Publicado en Noticia principal, Noticias, Portada
O GUARDÉS ABRE A TEMPADA PARA O BALONMÁN GALEGO COA DISPUTA DA FASE FINAL DA COPA DA RAÍÑA
miércoles, 02 septiembre 2020
Nestes intres de absoluta incerteza temos a data do 3 de setembro na nosa mente. Ese día, o Atlético Guardés será o primeiro club galego en regresar a competición seis meses despois. Ademais, o conxunto da Guarda volve a loita por un título, o cal aínda lle da máis alicientes á cita, se non tiña
- Publicado en Noticia principal, Noticias, Portada
CONVOCADOS DOUS NOVOS CURSOS DE ADESTRADOR/A NIVEL 0 E 1
miércoles, 26 agosto 2020
Dende a Federación Galega de Balonmán seguimos traballando na formación. Así, acabamos de convocar dous novos cursos (nivel 0 e 1) e todas as persoas interesadas nos mesmos poden xa inscribirse no apartado de +Formación desta páxina web. Curso nivel 0 O curso de nivel 0 (formador/a) permitirá ao alumnado obter a titulación para poder
- Publicado en Noticia principal, Noticias, Portada
AS FEDERACIÓNS GALEGAS E LETE LASA REACTIVAN OS GRUPOS DE TRABALLO NA PROCURA DUN MODELO PARA RETOMAR A ACTIVIDADE DEPORTIVA AUTONÓMICA
miércoles, 26 agosto 2020
O presidente da Federación Galega de Balonmán, Bruno López, reuniuse no día de onte co secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete, e o resto das federacións galegas de deporte de equipo para traballar na reactivación da actividade dos clubs. Esta reunión é o primeiro paso, pero aínda hai moito por facer. Quedan por
- Publicado en Noticia principal, Noticias, Portada
BALONMÁN DE LONXE: ZALO MONROY
jueves, 13 agosto 2020
O galego Zalo Monroy, formado na SAR, hai xa 15 anos tomou a decisión de irse a Ibiza e aí rematou a súa carreira deportiva como porteiro, comezou unha nova etapa como adestrador e incluso agora como directivo no Peña Deportiva. Zalo non esquece Galicia, aínda que recoñece que Ibiza é para el a súa
- Publicado en Noticia principal, Noticias, Portada
ESTA SEMANA, DÚAS CHARLAS DE FORMACIÓN PARA O COLECTIVO ARBITRAL
miércoles, 12 agosto 2020
Continúa a formación para o colectivo arbitral galego. Esta semana teremos dúas charlas formativas, protagonizadas polos colexiados Alberto Fernández e Marcos Pérez Outeda. O xoves 13 de agosto (20:00 horas) Alberto Fernández ofrecerá unha charla sobre o manexo da área de administración da páxina web no apartado correspondente ao colectivo arbitral (aceptación de designacións, recibos,
- Publicado en Noticia principal, Noticias, Portada