Mañá 18 de agosto (a partir das 12:00 horas) poderedes seguir os sorteos das diferentes competicións galegas correspondentes a tempada 2021/22 a través da nosa canle de youtube ou ben polo facebook da Federación Galega de Balonmán. A continuación tedes a información sobre os diferentes sorteos e horarios, así como as ligazóns para poder seguilos.
O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, ofreceu hoxe unha recepción aos olímpicos galegos, entre os que se atopaba o noso Rodrigo Corrales (bronce olímpico). Curiosamente o acto foi dirixido por outro `balonmaneiro´ David Amor, que como sempre puxo unha nota de humor, no momento de falar cos grandes protagonistas. Alicia Fernández, a
Cinco xogadores galegos forman parte da convocatoria ofrecida pola Área Técnica da Real Federación Española de Balonmán, para participar nas Xornadas de Tecnificación da Xeración 2004/05, que se celebrarán no CAR de Granada do 14 ao 21 de setembro. Os convocados galegos son Manu Pérez (BM Luceros), Gael Blanco (BM Luceros), Rubén Sequeiros (BM Cisne),
Que mellor forma de celebrar o Día de Galicia que xogando ao balonmán? O 25 de Xullo, baixo as nosas cores no ceo, celebrouse a última e definitiva xornada da Proba Concello de Marín-Copa Xacobeo, que a súa vez tamén era a última proba da Xira Galega de Balonmán Praia. Desta forma, tivemos campións por
Comeza mañá a proba Concello de Marín-Copa Xacobeo coa que se porá punto e final á Xira Galega de Balonmán Praia 2021. Esta proba, con 63 equipos inscritos, desenvolverase ao longo de catro días e o seu resultado será transcendental para coñecer aos campións galegos de balonmán praia do presente ano. Hoxe tivo lugar na
Trala celebración das tres primeiras probas da Xira Galega de Balonmán Praia e a suspensión da proba Concello de Sanxenxo, así queda a clasificación xeral provisional, con PTV HandStrand (na categoría masculina) e Merengue Merengue A (feminina) en cabeza na categoría sénior. Así, so falta por celebrarse a proba Concello de Marín. A praia de
Sabíamos que, ao igual que a tempada de pista, a Xira Galega de Balonmán Praia non ía ser algo doado de levar a cabo. A Federación Galega de Balonmán, en consenso co Concello de Sanxenxo e despois de valorar a situación actual en relación ao incremento dos casos de COVID na zona, decidiron suspender a
A partir de mañá 13 de xullo, a Federación Galega de Balonmán estrea horario de verán. Desta forma, o horario de atención ao público na oficina da FGBm será de 10 a 14:00 horas dende mañá ata o vindeiro 27 de agosto. Fora de este horario, calquera persoa que queira poñerse en contacto con nós
O xornalista deportivo Antonio Estévez será homenaxeado o vindeiro día 10 de xullo, durante o partido España-Portugal, que se celebrará no pavillón das Travesas de Vigo. Tanto a Real Federación Española de Balonmán como a Federación Galega queren recoñecer a promoción do noso deporte que Antonio Estévez sempre fai a través das ondas, nas que
A proba Concello de Cangas da Xira Galega de Balonmán Praia cambia de ubicación e finalmente celebrarase na Praia da Xunqueira de Moaña. Ante a crispación social creada con respecto ao espazo no que se ía celebrar a proba esta fin de semana (9, 10 e 11 de xullo) a Federación Galega de Balonmán, en