STAGE ARBITRAL DE PRETEMPADA: LALÍN (1-9-19)
martes, 10 septiembre 2019
O pasado día 1 de setembro celebrouse en Lalín o stage arbitral de pretempada para o colectivo arbitral galego. Probas físicas e médicas, test de actualización do regulamento, charlas de formación… E un magnífico ambiente xa pensando na nova tempada que estamos a comezar! Imos!!!
- Published in Noticia principal, Noticias, Portada
COMEZA A LOITA POLO ASCENSO Á DIVISIÓN DE HONRA GALEGA INFANTIL E CADETE MASCULINA E FEMININA E XUVENIL MASCULINA
viernes, 06 septiembre 2019
Esta fin de semana (6, 7 e 8 de setembro) comeza a tempada coa celebración das eliminatorias de ascenso á División de Honra Galega das categorías cadete e infantil masculina e feminina e xuvenil masculina. En total serán cinco categorías, vinte grupos e catorce sedes diferentes, e moita emoción e nervios entre as e os participantes,
- Published in Noticia principal, Noticias, Portada
FRIGORÍFICOS DO MORRAZO, CAMPIÓN DA COPA GALICIA 2019
domingo, 01 septiembre 2019
Frigoríficos do Morrazo BM Cangas logrou proclamarse hoxe en Lalín vencedor da Copa Galicia masculina 2019, despois de ganar na final ao Cisne Colegio Los Sauces. Foi un choque moi disputado e competido, no que o conxunto pontevedrés deu a cara ata o final. O partido comezou moi igualado, con goles alternos en ambas porterías
- Published in Noticia principal, Noticias, Portada
BM CANGAS E CISNE XOGARÁN A FINAL DA COPA GALICIA 2019
sábado, 31 agosto 2019
Frigoríficos do Morrazo BM Cangas e Club Cisne Colegio Los Sauces tentarán mañá 1 de setembro (20:00 horas, TVG-2) acadar o título na Copa Galicia 2019. Ambos conxuntos venceron hoxe en Lalín nas súas respectivas semifinais, en dous competidos e fermosos partidos. A primeira das semifinais enfrontou a BM Cangas e Rodosa BM Chapela, con
- Published in Noticia principal, Noticias, Portada
A FASE FINAL DA COPA GALICIA MASCULINA DISPUTARASE ESTA FIN DE SEMANA EN LALÍN
jueves, 29 agosto 2019
A arbitraxe galega celebrará tamén en Lalín o seu stage de pretempada Lalín acollerá esta fin de semana (31 de agosto e 1 de setembro) a fase final da Copa Galicia Masculina, coa participación de Frigoríficos do Morrazo, Teucro, Cisne e Balonmán Chapela. A final, que se celebrará o domingo (20:00 horas), será retransmitida pola
- Published in Noticia principal, Noticias, Portada
AITANA SANTOMÉ NOVAMENTE CONVOCADA COAS GUERREIRAS JÚNIOR
lunes, 26 agosto 2019
A xogadora do Conservas Orbe Porriño disputará co conxunto nacional dous encontros amistosos fronte a selección de Francia O seleccionador español Imanol Álvarez ofreceu a lista das xogadoras en idade júnior, que foron convocadas para a disputa dun dobre compromiso fronte a selección gala os días 27 e 28 de setembro en Francia. Nesta convocatoria
- Published in Noticia principal, Noticias, Portada
COMEZAN OS CUARTOS DA COPA GALICIA MASCULINA
miércoles, 21 agosto 2019
Hoxe 21 de agosto comezan a disputarse os cuartos de final da Copa Galicia masculina, co partido Luceros – Frigoríficos do Morrazo (20:00 horas, O Gatañal). O día 24 de agosto (18:30 horas) xogarase o choque Carnes do Ribeiro – Cisne Colegio Los Sauces en O Consello, mentres que o 26 de agosto (21:00 horas)
- Published in Noticia principal, Noticias, Portada
INSCRICIÓN EQUIPOS TEMPADA 2019/20
domingo, 18 agosto 2019
A nova tempada está a piques de comezar e chega o momento da inscrición dos equipos que van participar na tempada 2019/20. Os clubs deberán inscribir aos equipos ata o 22 de agosto de 2019, nas categorías que a continuación se relacionan: – 1ª AUTONÓMICA MASCULINA / FEMININA – 2ª AUTONÓMICA MASCULINA / FEMENINA – DIVISIÓN HONRA XUVENIL MASCULINA
- Published in Noticia principal, Noticias, Portada
COMEZA A COPA GALICIA MASCULINA 2019
martes, 13 agosto 2019
A Copa Galicia masculina 2019 comeza hoxe 13 de agosto (20:30 horas) coa disputa na Cañiza do primeiro partido dos oitavos de final, que enfrontará ao BM Cañiza co Condes de Albarei Teucro. Para o conxunto local este choque é histórico, xa que será a primeira vez que o Condes de Albarei Teucro visite en
- Published in Noticia principal, Noticias, Portada
DEFINIDAS AS SEMIFINAIS DO MUNDIAL
viernes, 26 julio 2019
Portugal, Exipto, Francia e Croacia son os aspirantes ao título de Campións do Mundo. Rematan uns días intensos de balonmán no Campionato do Mundo de España 2019 en categoría Junior Masculina, e xa coñecemos os nomes dos equipos clasificados para as semifinais, que buscarán colgarse unha medalla. Optan a elas Exipto, Francia, Portugal e Croacia, equipos
- Published in Noticia principal, Noticias