O galego Alberto Rodríguez foi nomeado novo responsable a nivel nacional da arbitraxe na especialidade de balonmán praia. Alberto, árbitro da División de Honra Elite, comezou a súa relación coa praia no ano 1997, cando traballou na organización do torneo Concello de Vigo na praia do Bao xunto co seu compañeiro, Rafael García Mosquera, entre
Hoxe si. Chegou o momento de poñer o punto e final ao CESA deste ano! Pedímoslle ás xogadoras xuvenís Carme Castro e Adriana Mallo que fixeran un vídeo blog durante todo o campionato, para saber como o viven as e os nosos xogadores. E aquí tedes o resultado!!! Nestas seleccións hai compañerismo, amizade, sentimento, amor
Ithaisa Trigo e Carme Castro (do BM Porriño) foron convocadas para participar nas xornadas de tecnificación nacional da xeración 2002/2003 e 2004/2005, que se desenvolverán do 23 ao 29 de xaneiro no Centro de Alto Rendemento de Sierra Nevada, en Granada. A actividade estará dirixida por Carlos Viver e desenvolta polos seleccionadores das Guerreiras Xuvenís,
Conservas Orbe BM Porriño e Mecalia Atlético Guardés ofrecerannos (mañá 11 de xaneiro, 16:15 horas, TVG-2) o derbi feminino galego por excelencia, entre os dous clubs galegos que militan na Liga Guerreiras Iberdrola e que tempada a tempada amosan a súa fiabilidade con dous proxectos distintos e brillantes en ambos casos. Será un partido moi
A selección galega cadete masculina quedou sen medalla no Campionato de España de Seleccións Territoriais de Cantabria. Non subiu ao podio a pesar de ser o equipo máis consistente en todos os partidos, máis solvente e ser o único capaz de vencer a Cataluña, que ao final logrou proclamarse campioa de España. Hoxe volveu facer
Escapouse a final para os cadetes galegos no CESA Cantabria 2020. Foi por moi pouco, despois dun partido trepidante e intenso de Galicia contra Navarra, que se decidiu nos últimos minutos a favor dos navarros.  Agora toca recuperarse para loitar polo bronce contra Madrid (09:00 horas). Hoxe gañaron as seleccións galegas xuvenil e cadete femininas,
A selección galega cadete masculina logrou o pase ás semifinais e loitará pola medalla no Campionato de España de Seleccións Territoriais de Cantabria. O resto das seleccións non lograron o pase. A selección xuvenil feminina estivo moi preto, pero finalmente caeu derrotada ante Andalucía. Cadete masculino: Galicia, 33 – Cantabria, 26 33. Galicia: Martín Fuentes
Galicia fixo pleno! A Federación Galega de Balonmán  meteu a todas as súas seleccións nos cuartos de final do Campionato de España de Seleccións Territoriais de Cantabria, e foi a única que o fixo saíndo todos os combinados do Campionato (tamén meteron a seis, pero con ascensos, Euskadi e Andalucía). A xornada de hoxe foi
Non foi mala a xornada para Galicia no Campionato de España de Seleccións Territoriais de Cantabria, aínda que puido ser mellor. Ao final, catro vitorias e dúas derrotas. A selección cadete masculina confirmou hoxe a súa clasificación para cuartos de final, mentres que as seleccións infantil e xuvenil femininas lograron importantes triunfos ante duros rivais.
Un triunfo, dous empates e tres derrotas. Este foi o balance desta primeira xornada do Campionato de España de Seleccións Territoriais que se se está a celebrar en Cantabria. Moitos nervios neste primeiro día de competición, no que destacaron os cadetes masculinos, cunha enorme remontada e triunfo ante Cataluña. Ademais empataron as infantís femininas (gran