As seleccións galegas infantil, cadete e xuvenil masculinas e femininas participarán no Campionato de España de Seleccións Territoriais que se celebrarán en Santander (Cantabria) entre os días 2 e 7 de xaneiro. Os combinados galegos viaxan coa máxima ilusión despois de varios meses de traballo preparando esta importante cita, que rematou esta fin de semana

MODIFICACIÓN PLAN DE VIAXE CESA 2020

Xa se coñece o plan de desprazamento dos combinados galegos ata Cantabria, onde se disputará o Campionato de España de Seleccións Territoriais 2020. As nosas seleccións partirán en tres autobuses o día 1 de xaneiro ao mediodía dende O Porriño, Lalín e Pontevedra. No plan de viaxe houbo algunhas modificacións para atender as necesidades das

PRESENTACIÓN DAS SELECCIÓNS GALEGAS

Día de estrea para a Federación Galega de Balonmán. O 27 de decembro celebrouse en Vigo o acto de presentación das seleccións galegas de balonmán que participarán no Campionato de España de seleccións territoriais a comezos de xaneiro en Cantabria. No acto estiveron presentes o secretario xeral para ou Deporte, José Ramón Lete; a delegada

Galicia – CESA 2020

As seleccións galegas infantís, cadetes e xuvenís masculinas e femininas participarán do 2 ao 7 de xaneiro no Campionato de España de Seleccións Territoriais que se celebrará en Cantabria. Este é o video de presentación de Galicia para o CESA2020. #SomosGalicia #ACoraxeGalega

CAMIÑO DO CESA 2020

Xa falta moi pouco para o Campionato de España de Seleccións Territoriais e en nada presentaremos o vídeo de presentación das nosas selección para o CESA 2020. A estrea, o próximo día 27 de decembro!
A Federación Galega de Balonmán quere mandarvos os mellores desexos nestas Festas do Nadal, nas que a familia e os amigos son máis importantes que nunca. Por iso, dende a vosa familia do balonmán galego queremos sumarnos aos vosos desexos nestas festas, gozar con vos destes momentos e emprender o novo ano xuntos, confiando en
A Federación Galega de Balonmán decidiu suspender as competicións autonómicas e provinciais do sábado 21 de decembro, ante o anuncio realizado pola Xunta de Galicia de alerta dun temporal costeiro de nivel vermello e a recomendación da Secretaría Xeral para o Deporte de suspender as competicións deportivas. O obxectivo desta medida é protexer tanto aos
Xa queda moi pouco para o Campionato de España de Seleccións Territoriais das categorías infantil, cadete e xuvenil masculinas e femininas e as nosas seleccións aceleran a súa preparación. Aproveitando as vacacións do Nadal esta fin de semana todos os nosos combinados estarán concentrados para seguir traballando na súa preparación. Os xogadores e xogadoras deben
Esta fin de semana ofrecerá partidos de moita rivalidade e tanto na División de Honra Prata Masculina e Feminina como na Primeira Nacional Masculina. Ata sete derbis poderemos contemplar en dous intensos días. Condes de Albarei Teucro – Acanor Atlético Novás. Partidazo no Municipal de Pontevedra antes do parón do Nadal (sábado 14, 20:30 horas)
O xogador do Balonmán Luceros Gael Blanco foi convocado para formar parte do Equipo Nacional Promesas que disputará O Torneo Internacional IV Nacións do 16 ao 22 de decembro. Os xogadores están citados o día 16 en Madrid (na estación de Atocha), de onde partirán en dirección a Alcalá de Henares, onde estarán concentrados e