Conseguido! O equipo de balonmán feminino da Universidade de Vigo proclamouse hoxe campión de España Universitario tras vencer nun partido case perfecto á Universidade de Castela a Mancha (37-28). As rapazas dirixidas por Abel Estévez e Isma Martínez estiveron moi sólidas dende o inicio, cunha gran defensa e unha enorme efectividade en ataque, o que
Esta fin de semana (20 e 21 de novembro) as nosas seleccións infantís (masculina e feminina), cadetes (masculina e feminina) e xuvenil masculina estarán concentradas en Mondariz para seguir coa preparación do Campionato de España de Seleccións Territoriais que se celebrará a comezos do ano 2022 en Murcia. Os nosos combinados estará aloxados no Hotel
O balonmán galego está de loito polo falecemento de Begoña Pedrido, adestradora e membro do colectivo arbitral durante máis de dúas décadas. Begoña, de 41 anos, faleceu no día de hoxe despois dunha longa enfermidade. Os seus restos mortais estarán a partir de mañá na sala 6 do tanatorio Vigo Memorial. A Federación Galega de
As nosas seleccións continúan o traballo de preparación para o Campionato de España de Seleccións Territoriais, que se celebrará en Murcia a comezos do ano 2022. Desta forma, esta fin de semana, as seleccións infantís masculina e feminina; as cadetes masculina e feminina e a xuvenil feminina, estarán concentradas no hotel CEMAR de Mondariz Balneario
O galego Rodrigo Corrales forma parte da convocatoria da selección española de balonmán, os Hispanos, para os dous amistosos que xogarán contra Romanía en Avilés os días 4 (21:00 h.) e 6 (19:00) de novembro. Ademais, tamén forma parte da convocatoria o xogador do Frigoríficos do Morrazo BM Cangas, Daniel Fernández. Os xogadores están citados o día 1
O Campionato de España de Seleccións Territoriais está cada vez más preto e as nosas seleccións aceleran o traballo de preparación. Esta fin de semana, que conta co Ponte do Pilar, vai ser o momento idóneo para que as seleccións infantil (masculina e feminina), cadete (masculina e feminina) e xuvenil masculina realicen unha concentración (11
A Federación Galega de Balonmán e a Deputación da Coruña asinaron no día de hoxe un novo convenio de colaboración para traballar de forma conxunta na promoción do balonmán na provincia, e de forma moi especial na base e no balonmán feminino. No acto da sinatura de hoxe participaron o presidente da Federación Galega de
Achegamos a ligazón á resolución do 14 de setembro de 2021 da Secretaría Xeral para o Deporte,  pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas directas a federacións deportivas, clubs deportivos, sociedades anónimas deportivas e seccións deportivas de Galicia para a reactivación da actividade deportiva competitiva no contexto da COVID-19, e se procede á
A Federación Galega de Balonmán decidiu renovar por un ano o acordo coa empresa Cluber para ofertar aos clubs galegos esta plataforma que permite a xestión telemática integral dos clubs, optimizando tempos e recursos humanos. Como xa sucedeu a tempada pasada a Federación subvencionará o 100 por cento do custe desta plataforma, para que as
Frigoríficos do Morrazo BM Cangas e Conservas Orbe BM Porriño proclamáronse campións da Supercopa Galicia 2021! A final feminina entre Conservas Orbe BM Porriño e Mecalia Atlético Guardés foi moi emocionante e tremendamente disputada entre dous equipos que querían a vitoria. O choque comezou moi igualado, ata que mediada a primeira metade, o Porriño, moi