lunes, 06 septiembre 2021 / Publicado en Noticia principal, Noticias, Portada
Rubensa BM Porriño e Forbe Reconquista de Vigo proclamáronse onte no Gatañal campións da Copa Galicia 2021. A xornada comezou coa final masculina entre Forbe Reconquista de Vigo e Granitos Ibéricos Carballal, un derbi vigués para facerse co título da Copa Galicia. Dende o inicio foi por diante no marcador o Reconquista de Vigo, que
sábado, 04 septiembre 2021 / Publicado en Noticia principal, Noticias, Portada
Xa coñecemos aos equipos finalistas da Copa e da Supercopa Galicia, finais que se disputarán mañá domingo 5 de setembro no Gatañal, nunha xornada na que se renderá homenaxe a Fran Teixeira, recentemente falecido. A primeira das finais será a Copa Galicia masculina, na que se enfrontarán Forbe Reconquista  e Granitos Ibéricos Carballal (11:00 horas).
martes, 31 agosto 2021 / Publicado en Noticia principal, Noticias, Portada
Hoxe temos que despedirnos do técnico, do compañeiro e do amigo. Despois de máis de tres anos de loita contra o cancro, Fran Teixeira faleceu, rodeado da súa familia, da que tamén forma parte a familia do balonmán galego. Fran Teixeira é balonmán en estado puro. Comezou nos bancos con 15 anos adestrando a un
lunes, 30 agosto 2021 / Publicado en Noticia principal, Noticias, Portada
As Fases Finais de Copa e Supercopa Galicia sénior disputaranse os días 3, 4 e 5 de setembro no Pavillón de O Gatañal en Cangas do Morrazo. Por mor da situación sanitaria que estamos a vivir e coas restricións actuais en materiade aforo para instalacións deportivas, o número de entradas para a Copa e Supercopa
viernes, 27 agosto 2021 / Publicado en Noticia principal, Noticias, Portada
Nicolás Giráldez (BM Porriño), Manuel Lorenzo (BM Cisne) e Samuel Seijas (BM Culleredo) forman parte da lista de xogadores da Xeración 2006-07 convocados para as Xornadas de Tecnificación que se celebrarán no Centro de Alto Rendemento de Sierra Nevada entre o 24 de setembro e o 1 de outubro. A continuación, tedes a convocatoria íntegra
jueves, 26 agosto 2021 / Publicado en Noticia principal, Noticias, Portada
Esta era unha das noticias que estabamos desexando contar: Esta fin de semana comezan as xornadas de observación para as categorías infantil e cadete, de cara á configuración das seleccións galegas que nos representarán no Campionato de España de Seleccións Territoriais 2022. Será a primera das concentracións que se realizarán para comezar a preparar o
viernes, 20 agosto 2021 / Publicado en Noticia principal, Noticias, Portada
Hoxe, venres 20 de agosto, publicouse no Diario Oficial de Galicia a RESOLUCIÓN coas listaxes definitivas de entidades beneficiarias das subvencións para actividades deportivas e medidas COVID (procedemento PR945C), así como as solicitudes denegadas por non acadar a puntuación mínima, e as inadmitidas e desistidas da súa petición. Os beneficiarios poden solicitar o cobro da axuda
miércoles, 18 agosto 2021 / Publicado en Noticia principal, Noticias, Portada
Que gañas tiñamos de poder dicir isto: Comeza a acción!!! Hoxe mesmo comeza a competición na Supercopa Galicia masculina e na Copa Galicia feminina, así que imos explicarvos como serán as diferentes competicións. Copa Galicia Feminina Nesta competición participan os cinco equipos que na tempada 2020/21 competiron na lida de División de Honra Prata Feminina
martes, 17 agosto 2021 / Publicado en Noticia principal, Noticias, Portada
Mañá 18 de agosto (a partir das 12:00 horas) poderedes seguir os sorteos das diferentes competicións galegas correspondentes a tempada 2021/22 a través da nosa canle de youtube ou ben polo facebook da Federación Galega de Balonmán. A continuación tedes a información sobre os diferentes sorteos e horarios, así como as ligazóns para poder seguilos.
viernes, 13 agosto 2021 / Publicado en Noticia principal, Noticias, Portada
O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, ofreceu hoxe unha recepción aos olímpicos galegos, entre os que se atopaba o noso Rodrigo Corrales (bronce olímpico). Curiosamente o acto foi dirixido por outro `balonmaneiro´ David Amor, que como sempre puxo unha nota de humor, no momento de falar cos grandes protagonistas. Alicia Fernández, a