Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.
There is nothing to show here!
Slider with alias blog-slider not found.
Catro galegos (Aroa Fernández, Manuel Pérez, Edu Alonso e Pablo Gándara) foron convocados para participar nunhas concentracións das seleccións españolas xuvenís de área. Manuel Pérez e Pablo Gándara (Veba os da Jrada) foron chamados polo seleccionador nacional Juan Antonio Vázquez para unha concentración da selección española xuvenil de balonmán praia que se celebrará en Málaga,
A Federación Galega de Balonmán e o Grupo CdeC chegan a un acordo de patrocinio que unirá os seus camiños durante os próximos dous anos. A compañía galega, presidida polo empresario vigués Carlos Calo, presenta unha experiencia de máis de 16 anos no universo da produción gráfica, chegando a recibir o galardón “Cantábrico Excelente 2019”,

BALONMÁN DE PRETO: EDI SALGUEIRO

No noso Balonmán de preto de hoxe contamos con Edi Salgueiro, traballadora da Federación Galega de Balonmán nos últimos trece años, que nos conta como foi a súa relación co balonmán durante toda a súa vida. Agora emprende un novo e ilusionante proxecto, no que lle desexamos a mellor das sortes. #SomosGalicia​ #SomosBalonmán
As galegas Irene Ríos (BM Cangas) e Nerea Patiño (AD Carballal) foron convocada para participar na primeira concentración da xeración 2006/07, que se celebrará do 26 de marzo ao 1 de abril en Íscar (Valladolid). Será a primeira actividade que se celebre desta xeración, na que participarán un total de 40 deportistas, e que será
Francisco Soliño, coñecido por todos como «Farruco», será o noso invitado de hoxe no Balonmán de lonxe. O galego está a vivir actualmente en Francia, onde marchou en busca de estabilidade laboral, e aínda que bota de menos Galicia, recoñece que lle gusta coñecer outras culturas, idiomas, xente… Así que hoxe imos a coñecer un
Esta tarde, na sede da Federación Galega de Balonmán, realizáronse os sorteos das segundas fases das categorías: 1ª Autonómica Masculina, 1ª Autonómica Feminina, 2ª Autónómica Masculina, Cadete Feminino Ouro  e Infantil Feminino Prata. 
A galega Alicia Fernández (SCM Ramnicu Valcea) foi convocada por Carlos Viver para formar parte das Guerreiras que buscarán no Preolímpico de Llíria a clasificación de España para os Xogos de Tokio. O seleccionador nacional deu a coñecer hoxe a lista de 18 xogadoras que disputarán o Preolímpico na localidade valenciana de Llíria, do 19 ao 21 de marzo, onde
A xunta celebrou hoxe, con todas as medidas de prevención anti COVID-19, unha reunión para facer balance e marcar os obxectivos para a segunda parte do mandato. O Mundial e a pandemia marcaron o descorrer destes dous anos, nos que houbo un gran avance en materia de imaxe, comunicación e formación online. A xunta directiva
Hoxe mércores 17 de febreiro saíu publicado no Diario Oficial de Galicia a resolución do 30 de decembro de 2020, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, a clubs deportivos, sociedades anónimas deportivas e seccións deportivas de Galicia
Case sen tempo de saborear a vitoria contra o Zubileta Evolution- Bm. Zuazo, a expedición do Guardés subiuse ao avión en Vigo o xoves á primeira hora da mañá para enfrontar este domingo 14 de febreiro o primeiro asalto aos cuartos de final da EHF European Cup contra o HC Galychanka ucraíno. Tocou facer escala