A nosa xogadora Alicia Fernández (SCM Ramnicu Valcea) é unha das fixas nas convocatorias das Guerreiras do seleccionador Carlos Viver. Así, unha vez máis, forma parte da última lista de xogadoras convocadas, nesta oportunidade para a disputa de dous compromisos amigables ante Dinamarca o 15 e 17 de abril, ambos no Frederiksborg Centre de Hillerød. Ademais
Faltaban as e os máis pequerrechos por regresar ás pistas e por fin chegou o momento! Esta fin de semana estamos de noraboa xa que volven as ligas de balonmán de benxamín 5 e alevín 7. Tras esta fin de semana, só faltarán os alevíns 5, que sairán o día 11 de abril. En alevín

BALONMÁN DE PRETO: PILAR NEIRA

Pili Neira repartiu a súa vida deportiva entre o balonmán e o fútbol, pero ten claro que se tivera que elixir entre un dos dous deportes quedaría co balonmán, porque nel tamén atopou unha familia. Ten grandes recordos, moitas anécdotas e momentos duros, e todos unidos ao Balonmán Coruña. Con vostedes, Pili Neira! #SomosGalicia #SomosBalonmán
Catro galegos (Aroa Fernández, Manuel Pérez, Edu Alonso e Pablo Gándara) foron convocados para participar nunhas concentracións das seleccións españolas xuvenís de área. Manuel Pérez e Pablo Gándara (Veba os da Jrada) foron chamados polo seleccionador nacional Juan Antonio Vázquez para unha concentración da selección española xuvenil de balonmán praia que se celebrará en Málaga,
A Federación Galega de Balonmán e o Grupo CdeC chegan a un acordo de patrocinio que unirá os seus camiños durante os próximos dous anos. A compañía galega, presidida polo empresario vigués Carlos Calo, presenta unha experiencia de máis de 16 anos no universo da produción gráfica, chegando a recibir o galardón “Cantábrico Excelente 2019”,

BALONMÁN DE PRETO: EDI SALGUEIRO

No noso Balonmán de preto de hoxe contamos con Edi Salgueiro, traballadora da Federación Galega de Balonmán nos últimos trece años, que nos conta como foi a súa relación co balonmán durante toda a súa vida. Agora emprende un novo e ilusionante proxecto, no que lle desexamos a mellor das sortes. #SomosGalicia​ #SomosBalonmán
As galegas Irene Ríos (BM Cangas) e Nerea Patiño (AD Carballal) foron convocada para participar na primeira concentración da xeración 2006/07, que se celebrará do 26 de marzo ao 1 de abril en Íscar (Valladolid). Será a primeira actividade que se celebre desta xeración, na que participarán un total de 40 deportistas, e que será
Francisco Soliño, coñecido por todos como «Farruco», será o noso invitado de hoxe no Balonmán de lonxe. O galego está a vivir actualmente en Francia, onde marchou en busca de estabilidade laboral, e aínda que bota de menos Galicia, recoñece que lle gusta coñecer outras culturas, idiomas, xente… Así que hoxe imos a coñecer un
Esta tarde, na sede da Federación Galega de Balonmán, realizáronse os sorteos das segundas fases das categorías: 1ª Autonómica Masculina, 1ª Autonómica Feminina, 2ª Autónómica Masculina, Cadete Feminino Ouro  e Infantil Feminino Prata. 
A galega Alicia Fernández (SCM Ramnicu Valcea) foi convocada por Carlos Viver para formar parte das Guerreiras que buscarán no Preolímpico de Llíria a clasificación de España para os Xogos de Tokio. O seleccionador nacional deu a coñecer hoxe a lista de 18 xogadoras que disputarán o Preolímpico na localidade valenciana de Llíria, do 19 ao 21 de marzo, onde