No día de hoxe foron aprobados os calendarios para a tempada 20/21 pola asemblea xeral da Federación Galega de Balonmán. Serán unhas competicións “vivas”, xa que poderán ser modificadas dependendo da situación sanitaria na que nos atopemos. Hoxe celebrouse a asemblea xeral extraordinaria da Federación Galega de Balonmán para decidir os calendarios das competicións galegas,

ESTELA DOIRO, CONVOCADA COAS GUERREIRAS

Que magnífico inicio de tempada está a ter Estela Doiro! Logrou a Copa da Raíña co seu club, o Balonmán Málaga, foi elixida mellor xogadora da final e agora ven de ser convocada por Carlos Viver para unha concentración co equipo nacional absoluto feminino. A incorporación de Estela Doiro (e tamén de Silvia Arderius) prodúcese
A galega Yaiza Alonso (AD Carballal) forma parte da convocatoria de Pablo Perea, seleccionador das Guerreiras Xuvenís, para a primeira actividade que poderán realizar despois do parón provocado pola COVID-19. O combinado nacional estará concentrado do 27 de setembro ao 4 de outubro en Béjar (Salamanca). Esta será a primeira semana de traballo das catro que

REGRESAMOS!

No día de hoxe, a Xunta de Galicia publicou no Diario Oficial de Galicia unha modificación na orde do 21 de xuño de medidas de prevención para facer fronte á crise sanitaria provocada pola COVID-19, na que se autoriza a realización de adestramentos e competicións con contacto, sempre que os e as deportistas utilicen máscaras.
O presidente da Federación Galega de Balonmán, Bruno López, convocou unha asemblea xeral extraordinaria para o próximo sábado 26 de setembro (10:30 horas). Neste encontro tratarase sobre a situación actual do balonmán galego provocada polo estado de alarma provocado pola COVID-19 e presentarase unha proposta de competicións para a tempada 20/21. Durante todo este período

STAGE ARBITRAL EN REDONDELA

Con moitas ganas de volver as pistas, regresou o noso colectivo arbitral. O domingo 13 de setembro celebrouse en Redondela un stage arbitral, para facerlles aos nosos árbitros/as un recoñecemento médico, pasar as probas físicas e recoller material. Todos, soñando co regreso! Moitas grazas ao Concello de Redondela pola cesión da instalación (sempre disposto a
A galega Alicia Fernández (Ramnicu Valcea) segue sendo unhas das xogadoras habituais nas convocatorias das Guerreiras. Así, na primeira lista do seleccionador Carlos Viver tralo confinamento, a nosa deportista aparece entre as seleccionadas. As guerreiras volver ao traballo, por primeira vez este ano, despois da cancelación do Preolímpico Feminino 2020, que debía disputarse en Llíria
A galega Aitana Santomé (Conservas Orbe Rubensa Porriño) foi convocada polo seleccionador das Guerreiras júnior, Imanol Álvarez, para a próxima actividade, que terá lugar do 21 ao 4 de outubro. Ademais, tamén forma parte da convocatoria a xogadora ilicitana do Atlético Guardés, Paula Arcos. Esta actividade está dividida en dúas quendas. Do 21 ao 27
Fin de semana intenso para os equipos galegos que militan nas máximas categorías do balonmán español. Vitorias de Dicsa Modular Cisne e Atlético Guardés e derrotas de Frigoríficos do Morrazo BM Cangas e Conservas Orbe Rubensa Porriño. Na Asobal gozamos dun derbi histórico. Por vez primeira enfrontáronse na máxima categoría do balonmán estatal Frigoríficos do

ESTE DOMINGO, STAGE ARBITRAL EN REDONDELA

Seguimos dando pasos para estar preparados para arrancar. Este domingo 13 de setembro celebraremos en Redondela (A Marisma) un stage arbitral, no que os nosos colexiados/as pasarán unhas probas médicas e físicas neste inicio de tempada. A xornada estará marcada polas medidas sanitarias provocadas pola COVID-19. Así, os participantes estarán divididos en pequenos grupos para