AITANA SANTOMÉ, CONVOCADA COAS GUERREIRAS JÚNIOR PARA UNHA CONCENTRACIÓN
martes, 12 noviembre 2019
A xogadora do Conservas Orbe Porriño, Aitana Santomé, foi convocada polo seleccionador das Guerreiras Júnior, Imanol Álvarez, para participar nunha concentración que se celebrará do 17 ao 24 de novembro en Jaén. As xogadoras, un total de 16, están citadas o domingo 17 de novembro en Madrid e partirán xuntas en dirección a Jaén, lugar
- Published in Noticia principal, Noticias, Portada
COMEZA A PREPARACIÓN DO CAMPIONATO DE ESPAÑA PARA AS SELECCIÓNS GALEGAS
viernes, 08 noviembre 2019
Comeza o traballo para as nosas seleccións galegas! Esta fin de semana iniciarán o camiño cara ao Campionato de España que se celebrará a comezos de 2020 en Cantabria. O domingo 10 de novembro todas elas terán sesións de adestramento. A selección infantil feminina está citada o domingo 10 de novembro (16:30 horas) no Pavillón
- Published in Noticia principal, Noticias, Portada
PEDRO EIRAS E LUCAS CRESPO, A «PARELLA» DO DERBI
viernes, 01 noviembre 2019
A parella arbitral formada por Pedro Eiras e Lucas Crespo é a única galega que hai en División de Honra Prata esta tempada e será a encargada de impartir xustiza este sábado (18:00 horas) no derbi do Lérez. Esta é a súa primeira tempada como parella nesta categoría, e o inicio está a ser moi
- Published in Noticia principal, Noticias, Portada
O 7 DE NOVEMBRO, I XORNADAS «DI NON Á VIOLENCIA DE XÉNERO NO DEPORTE»
jueves, 31 octubre 2019
O próximo 7 de novembro celebraranse en Santiago de Compostela as primeiras xornadas «Di non á violencia de xénero no deporte», organizadas pola Secretaría Xeral para o Deporte, a Secretaría Xeral de Igualdade e a Fundación Deporte Galego. Este curso de formación, que se impartirá na EGAP, vai dirixido a clubs, asociacións, federacións, agrupacións deportivas
- Published in Noticia principal, Noticias, Portada
COMEZA A COPA DA RAÍÑA PARA CDEC LAVADORES E CONSERVAS ORBE PORRIÑO
jueves, 24 octubre 2019
Comeza a Copa da Raíña esta fin de semana coa participación de dous equipos galegos: Conservas Orbe BM Porriño e CdeC Lavadores. Será a primeira rolda desta competición e cada equipo enfronta esta eliminatoria a partido único de forma diferente. Para o Lavadores é un soño, mentres que o Porriño necesita avanzar. O CdeC BM
- Published in Noticia principal, Noticias, Portada
Balonmán de preto: Begoña Fernández
miércoles, 23 octubre 2019
Escoitar á viguesa Begoña Fernández é un orgullo, xa que enfronte tes unha lenda do noso balonmán. Foi a capitana da selección española que logrou o bronce nos Xogos de Londres 12, a primeira medalla olímpica do balonmán galego. Pero hai moito máis: Prata no Europeo de 2008, bronce no Mundial 2011, e a nivel
- Published in Noticia principal, Noticias, Portada
CHEGA O SEGUNDO ASALTO DA COPA DO REI PARA NOVÁS, CISNE E BM CANGAS
lunes, 14 octubre 2019
Esta semana teremos o segundo asalto da Copa do Rei, con Acanor Novás, Cisne Colegio Los Sauces e Frigoríficos do Morrazo como protagonistas galegos. Os dous equipos de División de Honra Prata xogarán o martes 15 en casa, mentres que o BM Cangas disputará a eliminatoria fóra o mércores. O Acanor Novás recibe mañá 15
- Published in Noticia principal, Noticias, Portada
Álvaro Preciado e Brais González, na convocatoria dos Hispanos Júnior
sábado, 12 octubre 2019
Os galegos Álvaro Preciado (Cisne Colegio Los Sauces) e Brais González (BM Cangas) forman parte da primeira convocatoria de Rodrigo Reñones, o novo seleccionador nacional júnior masculino. O central do Cisne volveu ao combinado nacional para participar na primeira actividade do novo equipo técnico, que se celebrará do 20 ao 27 de outubro na localidade
- Published in Noticia principal, Noticias, Portada
Estela Doiro e as xogadoras do Guardés Carmen Campos e Paulina Pérez, no proxecto `Obxectivo 2021´
miércoles, 09 octubre 2019
A galega Estela Doiro (BM Málaga) e as xogadores do Mecalia Atlético Guardés Carmen Campos e Paulina Pérez, foron convocadas para participar na próxima actividade das Guerreiras `Obxectivo 2021´, que ten como obxectivo preparar a promesas do balonmán feminino español para a súa futura incorporación ao combinado nacional. Carlos Viver, máximo responsable deste programa, citou
- Published in Noticia principal, Noticias, Portada
Carlos Álvarez, do Cisne, convocado pola selección nacional xuvenil masculina para o Scandibérico
lunes, 07 octubre 2019
Carlos Álvarez (Club Cisne) foi convocado pola selección nacional xuvenil masculina, para a disputa do Scandibérico, que se celebrará en Suecia (Landskrona) do 25 ao 27 de outubro. Precisamente esta foi a primeira lista do seleccionador Javier Fernández, Jabato, adestrador do Cisne Colegio Los Sauces. O seleccionador nacional citou aos xogadores o 20 de outubro en Madrid,
- Published in Noticia principal, Noticias, Portada