Esta fin de semana (11, 12 e 13 de xuño) celébranse as fases estatais da categoría infantil (masculina e feminina) e dúas delas terán lugar en Galicia (Cangas e Culleredo). En total son seis os equipos galegos que participarán nestes sectores e que tratarán de meterse na fase final do Campionato de España. Categoría feminina
Hoxe celebrouse unha rolda de prensa telemática na que participaron  a presidenta da Deputación, Carmela Silva, o presidente da Española, Francisco Blázquez, e o presidente da Galega, Bruno López, na que anunciaron que o 27 de xuño España xogará contra Croacia en Pontevedra e o día 10 de xullo en Vigo ante Portugal. Os Hispanos
O Porriño será a sede da Fase Final do Campionato de España Cadete Masculino, que se celebrará do 16 ao 20 de xuño coa participación dos oito mellores clubes de España. Por outra banda, o Campionato Cadete Feminino, no que tamén participará o conxunto do Porriño, disputarase en Elche, nestas mesmas datas. A Real Federación
As seleccións absolutas de España, Croacia e Exipto xogarán no Pavillón Paco Paz de Ourense os próximos días 28 e 29 de xuño. Hoxe mesmo pechouse o acordo entre a Federación Galega de Balonmán e a Deputación Provincial de Ourense, nunha proba máis da boa sintonía existente entre ambas institucións, co obxectivo de fomentar o
O Asmubal Meaño logrou o ascenso a Primeira Nacional Masculina, tras realizar unha fase de ascenso inmaculada e vencer no partido decisivo ao Zarautz. Era o partido, a final na que todo se decidiría e na que aos locais só lle servía a vitoria. Enfronte o Zaratuz, un equipo que asustou durante os dous primeiros
O BM Saeplast Cañiza fixo historia e logrou o ascenso á División de Honra Prata Feminina, nun emocionante e axustado partido ante o Unión Financiera (24:23). Foi na segunda xornada, xa que o empate do partido xogado con anterioridade, converteu este nunha final adiantada. Había unha enorme diferenza de envergadura e idades entre ambos os
Foi unha fin de semana histórica para o Cisne Colegio Los Sauces. O club nunca estivera nunha final do Campionato de España, pero non só logrou meterse nela con total merecemento, senón que ademáis logrou o título de forma incontestable ante o Barcelona. Cisne Colegio Los Sauces, campión de España Xuvenil Masculino! Foi un partido
Foi un bronce épico. O BM Porriño logrou remontar cinco goles de diferenza nos últimos minutos, e empatou o partido nos segundos finais, tanto no tempo regulamentario como na prórroga, para despois impoñerse nos lanzamentos de sete metros ao Sant Vicenç. E todo grazas a loita dun equipo que non se rende nunca e non
Esta fin de semana (29 e 30 de maio) celebrarase no Pavillón Vila de Noia a Final Four das Ligas Ouro e Prata Infantil Masculina.  Hoxe celebrouse na casa consistorial de Carballo o acto de presentación deste evento, coa participación do concelleiro de Deportes, Marcos Trigo; o concelleiro de Turismo, Xosé Regueira, o presidente da
BM Saeplast Cañiza disputará a fase de ascenso á División de Honra Prata Feminina na casa, mentres que ao Cíes Obra Civil BM Chapela lle espera unha longa viaxe ata Las Palmas. A Real Federación Española deu a coñecer hoxe as sedes e composicións dos diferentes grupos desta fase estatal, que se celebrará os días