BALONMÁN DE LONXE: IAGO FLORES

Iago Flores, agora no Club Handbol Terrassa, amósanos dende a distancia o amor pola terra, polos amigos de sempre, polo balonmán e o Novás, a comida de mamá e os recordos inesquecibles. Recomendámosvos que o coñezades un pouco máis! Dalle ao play! #SomosGalicia#SomosBalonmán#EuQuedoNaCasa
A Federación Galega de Balonmán chegou a un acordo coa empresa islandesa Sideline Sports para incorporar o programa XPS Network ao traballo das seleccións galegas e como ferramenta de formación para o alumnado dos cursos territoriais nivel II. A responsable da área técnica da FGBm, Elena Estévez, valora positivamente o programa XPS Handball: “a posta
A Federación Galega de Balonmán abriu o prazo de inscrición para o curso de adestrador territorial de balonmán nivel II, que se desenvolverá do 27 de abril ao 28 de xuño de forma on-line. O tempo para matricularse, que comezou o 15 de abril, rematará o próximo domingo 26 de abril e o custe do

Balonmán de lonxe: Carmen Prelchi

Carmen Prelchi milita dende hai tres tempadas no Balonman Granollers, a onde chegou procedente do Seis do Nadal, o seu club de corazón. Esta viguesa, que apostou por ser pivote pola figura de Begoña Fernández,  recorda con moito cariño a súa medalla de bronce coa selección galega cadete no Campionato de España. Se queres saber

PAUTAS PARA ADESTRAR NA CASA

Xa levamos un mes confinados na casa pola crise do COVID-19 e necesitamos unhas pautas de actuación para tratar de evitar a perda da condición física debido a imposibilidade de saír para realizar actividade física. Por este motivo, dende a Federación Galega de Balonmán queremos ofrecervos uns programas de adestramento orientativos para poder realizar no
O noso deportista Pedro Rodríguez tamén está a vivir a crise do COVID-19, pero el en Hungría, onde está a desenvolver a súa carreira deportiva nestes últimos anos. A mediados de marzo paralizouse a Liga húngara e comezou o confinamento nas casas para tratar de frear esta pandemia. E dende hai unhas semanas, o xogador
Neste tempo de confinamento na casa, as videoconferencias son máis necesarias que nunca. Por este motivo, a Federación Galega de Balonmán decidiu crear unha sala de videoconferencias para que os seus clubs e federados poidan desenvolver reunións e encontros a través desta plataforma. O funcionamento é moi sinxelo. O primeiro é enviar un correo electrónico
Cando saímos as oito a aplaudir aos nosos sanitarios, tamén vai por Raquel! Raquel García, viguesa de 21 anos e xogadora de balonmán, comezou a súa relación co balonmán dende moi nena no Carballal. No club vigués estivo ata que se marchou para Navarra para estudar sen esquecer a súa relación co balonmán (xoga no

Balonmán de lonxe con Irene Sánchez

No Balonman de lonxe de hoxe imos coñecer á grovense Irene Sánchez, actualmente nas filas do Salud Tenerife. Porteira, ambiciosa, autoesixente, simpática, alegre… ela di «un pouco tola». E ademais estamos de celebración, porque hoxe 8 de abril está de cumpreanos!!!! Noraboa Irene!!! O mellor será que lle des ao play. #SomosGalicia #SomosBalonmán #EuQuedoNaCasa

Balonmán de lonxe, con Dioni Quelle

Dioni Quelle (Vigo, 1968) é un pouco trotamundos, pero sempre con Galicia na mente e no corazón. Comezou como xogador, pero recoñece que se queda coa súa faceta como adestrador, na que «podes influir sobre máis xente». Agora está no Arona, onde é feliz, pero nestes intres de crise sanitaria ten un desexo moi claro: