Seguimos dando pasos para estar preparados para arrancar. Este domingo 13 de setembro celebraremos en Redondela (A Marisma) un stage arbitral, no que os nosos colexiados/as pasarán unhas probas médicas e físicas neste inicio de tempada. A xornada estará marcada polas medidas sanitarias provocadas pola COVID-19. Así, os participantes estarán divididos en pequenos grupos para
Frigoríficos do Morrazo BM Cangas e Dicsa Modular Cisne ofrecerannos mañá sábado 12 de setembro (17:00 horas, TVG-2) un partido histórico, xa que será a primeira vez que ambos conxuntos coinciden na Liga Asobal. Será un derbi de moitas emocións nunha tempada atípica, cun Gatañal “reducido” en aforo e coa presenza de dous colexiados galegos:
O vigués Víctor Rodríguez non esquece as súas raíces e os seus comezos no Seis do Nadal e aos seus amigos da nenez, aínda que recoñece que está moi contento en Valladolid. Iso si, ten un soño: Volver a xogar ao balonmán en Galicia! Queredes coñecelo un pouco mellor? Con vostedes, Víctor Rodríguez! #SomosGalicia#SomosBalonmán
As galegas Estela Doiro e Cecilia Cacheda forman parte da convocatoria de Carlos Viver para a primeira actividade post COVID-19 do programa «Obxectivo 2021», que se celebrará do 20 ao 26 de setembro en Granollers. Na convocatoria de Carlos Viver destacan as dúas galegas, que fixeron un magnífico papel na Copa da Raíña celebrada a
Dende a Federación Galega de Balonmán seguimos traballando na formación. Así, acabamos de convocar dous novos cursos (nivel 0 e 1) e todas as persoas interesadas nos mesmos poden xa inscribirse no apartado de +Formación desta páxina web. Curso nivel 0 O curso de nivel 0 (formador/a) permitirá ao alumnado obter a titulación para poder
O presidente da Federación Galega de Balonmán, Bruno López, reuniuse no día de onte co secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete, e o resto das federacións galegas de deporte de equipo para traballar na reactivación da actividade dos clubs. Esta reunión é o primeiro paso, pero aínda hai moito por facer. Quedan por
Continúa a formación para o colectivo arbitral galego. Esta semana teremos dúas charlas formativas, protagonizadas polos colexiados Alberto Fernández e Marcos Pérez Outeda. O xoves 13 de agosto (20:00 horas) Alberto Fernández ofrecerá unha charla sobre o manexo da área de administración da páxina web no apartado correspondente ao colectivo arbitral (aceptación de designacións, recibos,
Na tarde de onte, a xunta directiva da Federación Galega de Balonmán reuniuse con todos os clubs galegos para falar sobre a situación actual provocada pola COVID-19. O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete, e varios membros do seu gabinete tamén participaron na xuntanza coa finalidade de dar claridade á situación e resolver